Xente con vida

Nenos e mozos 18/10/2017

Actividade física e saúde. Consellos para pais e nais.

Vota:
Resultado:
(0 votos)
Compartir:
ACTIVIDADE FÍSICA E SAÚDE. Consellos para pais e nais

A infancia e a adolescencia son etapas de especial importancia, xa que durante elas os nenos adquiren coñecementos e perciben comportamentos no seu medio que van configurando as súas crenzas, actitudes e expectativas de conduta futura.
Esta etapa do desenvolvemento resulta crucial para evitar a adopción de hábitos nocivos e promover aqueles que favorezan unha vida saudable.

ART_73_PORTADA.png

A actividade física é un elemento imprescindible para o desenvolvemento integral dos adolescentes, para o mantemento e mellora da súa saúde e para a prevención das enfermidades. A práctica regular da actividade física non se limita á etapa infantil e xuvenil senón que se estende a todas as idades e para todas as persoas xa que pode contribuír á prolongación da vida e a mellorar mellor a calidade dos anos vividos, ao reportar beneficios fisiolóxicos, psicolóxicos e sociais.

Tanto os nenos de curta idade (de 0 a 5 anos) como os máis maiores (de 5 a 17 anos) deben ser activos mediante a práctica de actividade física.

Os adolescentes pódense divertir e manter e mellorar a súa saúde sendo fisicamente activos todos os días!!!

Debemos asegurar as condicións para que os adolescentes poidan ser activos mediante a práctica de actividade física polo menos durante 60 minutos a maioría dos días!!!

Ser activo físicamente durante a infancia e adolescencia non só é importante para a saúde dese
periodo vital, senón tamén para manter unha boa saúde durante todo o curso da vida.

A realización de actividade física na infancia fará que os nenos e nenas síntanse competentes
 nas súas habilidades físicas e, probablemente, fará que sexan máis activos durante a idade adulta.


A actividade física realizada diariamente desde idades temperás, promove a saúde e unha
adecuada forma física na poboación infantil e adolescente, aportando beneficios físicos e 
benestar emocional, a curto e longo prazo.

Os principais beneficios asociados á realización de actividade física neste grupo de idade son 
os seguintes:

  • Mellora a forma física, a función cardiorrespiratoria, a forza muscular e a masa ósea e,
ademais, diminúe a graxa corporal e axuda a manter un peso saudable.
  • Mellora a saúde mental: mellora a autoestima, reduce os síntomas de ansiedade e
depresión, e diminúe o estrés. Ademais é divertido e axuda a sentirse máis feliz.
  • Ofrece oportunidades de socialización e a aprendizaxe de habilidades.
  • Mellora o rendemento cognitivo podendo contribuír a ter mellores resultados académicos.
  • Favorece un crecemento e desenvolvemento saudable.
  • Mellora as habilidades motrices, a postura e o equilibrio.
  • Diminúe o desenvolvemento de factores de risco asociados a enfermidades crónicas na 
vida adulta como enfermidades do corazón, hipertensión, diabetes tipo 2,
hipercolesterolemia (colesterol elevado), obesidade ou osteoporose, xa que moitos destes factores poden desenvolverse nas primeiras etapas da vida.


Ademais, reducir o sedentarismo pode contribuír a:

  • Mellorar a forma física e manter un peso saudable.
  • Facilitar un maior desenvolvemento de habilidades sociais.
  • Mellorar a aprendizaxe e a atención, o comportamento e o rendemento escolar.
  • Mellorar as habilidades da linguaxe.
  • Mellora a autoestima.
  • Ao non pasar tanto tempo sentados, en casa ou xogando sós con tabletas, consolas ou outras pantallas teñen máis tempo para divertirse coas súas amigas ou amigos e aprender novas habilidades.

ART_73_IMAGEN_1_GAL.png Que poden facer os pais?

ART_73_GRAFICO_GAL.png

1. Transmitir e promover a importancia da actividade física

Os pais deben coñecer e transmitir a vital importancia que ten a práctica diaria de actividade física no desenvolvemento integral (físico, social e psicolóxico) dos adolescentes.

Os adolescentes con baixos niveis de actividade física poden perder oportunidades e opcións de desenvolvemento e formación.

Anime os seus fillos a ser físicamente activos na casa, na escola, cos seus amigos, etc.!!!

2. Ser un bo exemplo. Sexa activo cos seus fillos

Aos pais teñen unha grande influencia nas condutas e hábitos dos fillos; sexa un bo exemplo para os seus fillos; que vexan e aprecien que vostede desfruta dos xogos e demais actividades físicas.

Vostede pode ser un bo exemplo ao motivar e convidar a súa familia a se mover nos momentos de ocio, nos tempos mortos, antes e despois das comidas, nos traxectos curtos, etc.

Recorde que se os seus fillos aprecian que vostede se divirte de forma activa, é máis probable que eles se decidan tamén a ser activos.

Se ten persoas que coidan dos seus fillos cando vostede está traballando, non esqueza transmitirlles a necesidade de incentivar os nenos a que se movan e xoguen activamente.

Practique actividades físicas con toda a familia e non lles diga aos seus fillos que deben saír á rúa “para facer exercicio físico”!!!

3. Limitar o uso do automóbil

Non utilice o automóbil para desprazamentos curtos e trate de darlle un enfoque lúdico a este tipo de desprazamentos, presentando xogos mentres se desprazan, propoñendo retos motrices, etc.

4. Coñecer e supervisar as actividades dos seus fillos cos seus amigos

Debe ter en conta que os amigos dos seus fillos, así como os anuncios de televisión, tamén inflúen nos hábitos e preferencias dos seus fillos, xa que os adolescentes, en ocasións, queren ser igual que os seus amigos.

Ofreza alternativas dinámicas e recreativas ás actividades máis pasivas dos seus fillos: televisión, ordenador, videoxogos, etc. Non esqueza participar cos seus fillos nestas actividades.

Ensine e motive os seus fillos e os seus amigos a practicar actividades saudables e activas!!!

5. Crear lugares seguros

Supervise os espazos de xogo e as actividades dos seus fillos. Recorde que a seguridade é o primeiro.

6. Elixir regalos activos

Regálelles os seus fillos cousas que os axuden e motiven a ser activos: patíns, pelotas, bicicletas, raquetas, cordas de saltar, aletas de natación, etc.

7. Involucrar toda a familia nas tarefas da casa

As tarefas da casa tamén supoñen actividade física. Aprovéiteas para que toda a familia sexa activa.

8. Limitar o tempo inactivo. Reduza actividades pasivas

Limite ao mínimo a cantidade de tempo que os seus fillos dedican a xogar con videoxogos, a ver a televisión, etc.

Reduza o tempo de conduta sedentaria. Recorde que certos exercicios poden axudalo como aprendizaxe para a súa familia e tamén como rexeneración e compensación de doenzas e alteracións corporais ocasionadas no ámbito laboral: practique estiramentos, exercicios de mobilidade articular, exercicios de respiración e de relaxación, etc.

Evite estar demasiado tempo sentado, limite a televisión a unha hora ao día e non poña o televisor nin o ordenador no cuarto dos nenos/as.!!!

9. Establecer una rutina diaria

Planifique e reserve un tempo diario para ser activo co resto da familia. Recorde que a repetición destas condutas favorecen a adquisición de hábitos saudables que perduran durante a vida das persoas.

10.Planificar a actividade física semanal da familia.

Planifique semanalmente e, de acordo con toda a familia, as actividades físicas familiares, para que todos se impliquen e se divirtan xogando, andando, montando en bicicleta, etc.

11. Establecer espazos e materiais activos

Dedique e deseñe un espazo estimulante do seu fogar para que a súa familia poida ser activa.

Tamén pode seleccionar algúns materiais que inciten e motiven a práctica de xogos activos e de exercicio físico.

Neste espazo pode expoñer de forma visible a planificación semanal das tarefas activas da familia.

12. Organizar festas e aniversarios

Faga das festas e aniversarios dos seus fillos e amigos un tempo activo. Organícelles xogos e actividades dinámicas e evite na medida do posible as actividades pasivas con videoxogos, televisión, ordenadores, etc.

13. Colaborar coa escola

Coñeza as actividades físicas que se levan a cabo na escola e asegúrese de que a escola ofreza o tempo necesario e recomendable de actividade física para todos os estudantes.

Complemente a actividade física que os seus fillos practican na escola con outras actividades físicas no fogar e no seu medio.

Recorde que os adolescentes deben ser activos polo menos durante 60 minutos ao día.!!!

ART_73_IMAGEN_2_GAL.png
Puntos importantes para os pais e nais:

  • É moi importante ser constante.
  • Os pais deben ser bos modelos para os adolescentes.
  • Delimitar claramente o papel de cada compoñente da familia; os pais deben establecer a alimentación, incentivar as condutas activas e tamén o tempo permitido para as condutas pasivas como ver a tele, xogar a videoxogos, etc. e non permitir que os fillos establezan o uso da televisión, o ordenador, a videoconsola, etc.

FONTES

  • Equipo de Xente con Vida
Deixa un comentario



 

¿Coñeces o teu índice de masa corporal (IMC)?​​

Os comités internacionais de expertos, recomendan o emprego do Índice de Masa Corporal (IMC) como un indicador orientativo do estado nutricional. Introducindo o teu peso e talla poderás coñecer o teu, e descubrir o nosos consellos saudables individualizados para ti.​​

Introduce os teus datos e calcula o teu IMC:

Kg.

m.


< voltar
O teu IMC é:
A OMS (Organización Mundial da Saúde)
establece como categoría do teu IMC:
BAIXO PESO​
​​
Sería convinte subir de peso cara ó rango de normopeso, xa que, contrariamente ó que moita xente pensa, o baixo peso pode ter consecuencias graves para a saúde.

< voltar
O teu IMC é:
A OMS (Organización Mundial da Saúde)
establece como categoría do teu IMC:
NORMOPESO​​
Tenta manter o teu peso actual, xa que te atopas nun peso adecuado para a túa estatura e, sobre todo, procura que os teus hábitos de dieta e exercicio físico sexan saudables.

< voltar
O teu IMC é:
A OMS (Organización Mundial da Saúde)
establece como categoría do teu IMC:
SOBREPESO I
Se o teu peso é estable, non padeces ningunha enfermidade asociada á obesidade e non se te acumula graxa no abdome, non é un sobrepeso preocupante. Podes manterte neste peso ou baixar cara un normopeso (IMC = 8,5 – 24,9), sempre e cando manteñas uns hábitos saudables de dieta e exercicio físico. Se algún dos anteriores puntos está presente, pola túa saúde aconsellámoste que perdas uns kilos ata situarte dentro do rango de normopeso.​
​​

< voltar
O teu IMC é:
A OMS (Organización Mundial da Saúde)
establece como categoría do teu IMC:
SOBREPESO II​
​​
Se o teu peso é estable, non padeces ningunha enfermidade asociada á obesidad e non se te acumula graxa no abdome, non é un sobrepeso preocupante. Poder manterte neste peso ou baixar cara normopeso, sempre e cando teñas uns hábitos saudables de dieta e exercicio físico. Se algún dos anteriores puntos está presente, aconsellámoste baixar entre un 5 e un 10% o teu peso, para poder mellorar o teu estado de saúde.​

< voltar
O teu IMC é:
A OMS (Organización Mundial da Saúde)
establece como categoría do teu IMC:
OBESIDADE I​
​​
A obesidade é unha enfermidade crónica que implica un exceso de grasa corporal e un incremento no risco de padecer certas enfermidades e trastornos fisiolóxicos, como a hipertensión arterial, diabetes e dislipemias, entre outras. Se xa padeces algunha enfermidade relacionada coa obesidade, ou se che acumula graxa no abdome, aconsellámoste que baixes de peso, alomenos un 10%. Así, poderás incluir novos hábitos saudables que axudarán a mellorar as patoloxías asociadas á obesidade. Se aínda non padeces estes síntomas, para previr posibles problemas de saúde, recomendámosche baixar de peso entre un 5 e un 10%, e coidar os teus hábitos alimentarios e de práctica regular de exercicio físico.

< voltar
O teu IMC é:
A OMS (Organización Mundial da Saúde)
establece como categoría do teu IMC:
OBESIDADE II​
​​
A obesidade é unha enfermidade crónica que implica un exceso de grasa corporal. E, neste caso, habitualmente vai acompañada dalgunha enfermidade asociada. Se é así, por razons de saúde, é necesario baixar de peso entre un 20 e un 30%, tendo en conta as patoloxías que poidan relacionarse coa obesidade. Así mesmo, é imprescindible establecer uns hábitos saudables alimentarios e de exercicio físico, que se vaian instaurando de xeito progresivo e de por vida. Se, por sorte aínda non padeces algunha enfermidade relacionada coa obesidade e non se che acumula graxa no abdome, comeza baixando un 10% de peso, sen esquecerte da importancia duns bos hábitos.​

< voltar
O teu IMC é:
A OMS (Organización Mundial da Saúde)
establece como categoría do teu IMC:
OBESIDADE III​
​​
A obesidade é unha enfermidade crónica que implica un exceso de graxa corporal. E, neste caso, habitualmente vai acompañada dalgunha enfermidade asociada. Por razons de saúde, é necesario baixar de peso entre un 20 e un 30% do teu peso actual, tendo en conta as patoloxías que poden relacionarse coa obesidade. Asi mesmo, é imprescindible establecer uns hábitos saudables alimentarios e de exercicio físico, que se vaian instaurando de xeito progresivo e de por vida.