Xente con vida

Xente con Vida

Normas de participación
Coa fin de asegurar unha boa experiencia no uso das redes sociais, establecéronse as seguintes normas de participación:
  • Só se aceptarán publicacións asociadas á temática “Alimentación Saudable”.
  • Recoméndase comprobar a política de dereitos de autor (copyright) de calquera contido que se queira compartir nos distintos canais:
    • Evitar publicar sen o permiso dos seus autores aqueles contidos que non permitan esta práctica.
    • No caso de considerar oportuno facilitar contidos de Internet con copyright que permita a súa publicación, deberase escribir a URL para que o resto de participantes poidan consultar ou descargar os contidos dende a páxina propietaria.
  • Respectaranse as opinións do resto de participantes, aínda que non se compartan. Non se permitirá insultar ou utilizar unha linguaxe ofensiva, racista, violenta ou xenófoba, nin promover actividades ilegais.
  • As participacións son sempre responsabilidade de quen as emite.
  • Recoméndase evitar publicar datos persoais.
  • Débese evitar escribir máis dunha vez o mesmo comentario: esta práctica considérase spam.
  • Tódolos comentarios deben responder ao tema de discusión.
  • Non se aceptará a propaganda, publicidade ou o uso de links para promover outros sitios, non dependentes da Consellería de Sanidade.
  • Só se aceptará información veraz.
  • O equipo que administra “Xente con Vida” resérvase o dereito de eliminar calquera mensaxe que non respecte estas normas ou non siga a Netiqueta (código de boa conduta). Tamén poderá bloquear a actividade dun participante na súa páxina se reincide no seu comportamento.