Xente con vida

Blog Xente con Vida

Aprende a sentirte ben 18/03/2013

Merendas e refrixerios saudables

Vota:
Resultado:
(2 votos)
Compartir:
Os expertos en nutrición aconsellan realizar cinco comidas ao día como mínimo. O ideal sería distribuílas en tres máis densas -almorzo, comida e cea- e dúas comidas máis lixeiras -merendas de media mañá e de media tarde-.
Refrigerios
merendas e refrixerios saudables
  • Recoméndase que as merendas de media mañá e media tarde supoñan cada unha entre o 10 e o 15% da achega calórica diaria.
  • As dúas merendas deben ser lixeiras e axudarán a saciar o apetito e a que a comida e a cea non sexan máis abundantes do necesario.
  • As pautas xerais de alimentación tamén se aplican ás merendas: máis cereais e vexetais e poucos alimentos procesados, azucres engadidos e sal.

Os expertos en nutrición aconsellan realizar cinco comidas ao día como mínimo. O ideal sería distribuílas en tres máis densas (almorzo, comida e cea) e dúas comidas máis lixeiras (merendas de media mañá e de media tarde). A achega calórica recomendada de cada unha delas pode ser a seguinte: 25% para o almorzo; 10-15% para media mañá; 30-35% para a comida; 10-15% para a merenda e 20% para a cea.

É importante manterse correctamente hidratado ao longo do día. Elixe auga, infusións sen azucre e zumes de froitas naturais. Evita as bebidas azucradas e os refrescos.

Variedade e equilibrio na elección dos alimentos

As dúas merendas deben ser lixeiras e o seu obxectivo é non pasar moitas horas entre o almorzo e a comida, e entre esta e a cea. Ademais de ser máis axeitado dende o punto de vista fisiolóxico, conseguimos non chegar "famentos" e comer máis do necesario. É tamén importante para afrontar a xornada escolar ou laboral de forma máis eficiente.

Por outra parte, a merenda pode contribuír equilibrando e completando a dieta con alimentos de consumo diario ou recomendado como a froita fresca, os lácteos ou os froitos secos.

As merendas non deben supoñer máis do 10-15% da achega total diaria de enerxía. Por exemplo: Para unha muller de 30 anos cuxa inxestión recomendada é de 2.300 Kcal/día, sería suficiente cunha merenda que achegue unhas 230 kcal. Para un varón da mesma idade cuxa inxestión recomendada é de 3.000 kcal/día, pode ser adecuada unha merenda que achegue 300 kcal.

Recomendamos tamén seguir as pautas xerais para planificar a dieta: Variedade, equilibrio, moitos cereais, vexetais e poucos alimentos procesados, azucres engadidos e sal. É mellor evitar, ou polo menos limitar, os embutidos, as sobremesas lácteas, as bebidas azucradas, os pasteis e bolos industriais ou os queixos moi graxos para untar. Isto é particularmente importante nos nenos.

Algúns alimentos que poden servir como base para as merendas de media mañá e media tarde son o iogur, o queixo baixo en graxa, a froita fresca, o pan, os tomates, o aguacate, os froitos secos, o atún ou as olivas. Para ter unha idea da achega calórica á hora de facer "combinados", aí van algúns exemplos:

Artículos relacionados que pueden interesarte:
Deixa un comentario