Xente con vida

Blog Xente con Vida

Aprende a sentirte ben 15/04/2013

O aperitivo

Vota:
Resultado:
(0 votos)
Compartir:
Intrinsecamente ligado á cultura mediterránea, o aperitivo polo xeral supón unha achega extra de calorías e de sodio, polo que debemos facer un consumo consciente e responsable destes alimentos.
O aperitivo
O aperitivo
  • Elixe alimentos menos enerxéticos coma os “montaditos” de vexetais e atún ou as tapas de carne e peixe.
  • Evita os alimentos procesados e saborizados coma os “ganchitos” ou codias, con máis calorías.

Por aperitivo entendemos unha pequena comida, xeralmente acompañada de bebida, que realizamos antes de xantar ou cear. Polo xeral son pequenas colacións que realizamos dentro dun contexto social. Na nosa cultura mediterránea, a práctica das tapas e peteiradas vai unida a un acto lúdico, de sociabilidade e de reunión familiar.

Polo xeral, os alimentos que forman parte deste tipo de comidas adoitan ser naturais e cociñados no momento (tapa de tortilla, polbo...), pero outras veces achegan un "extra" de calorías, de sal e, nalgunhas ocasións, inclúen tamén algún procesado industrial. Ademais, frecuentemente acompáñanse con cervexa ou viño e a súa conseguinte achega calorífica, polo que debemos facer un consumo consciente e responsable.

Aperitivos saudables e con menos calorías

Os refrixerios ou “snacks” proceden de alimentos naturais que foron procesados e modificados e que podemos tomar a calquera hora. Con frecuencia, o resultado do procesado industrial non é tan saudable como o alimento de orixe. O modelo de consumo destes produtos "empaquetados" distínguese do tapeo tradicional e vai gañando adeptos entre os máis novos que os poden consumir en calquera momento e lugar.

Dende aquí, invitámoste a facer un consumo responsable. Esperamos que as eleccións sexan, a partir de agora, máis saudables. Como norma xeral recomendamos elixir para o aperitivo aqueles alimentos menos densos en enerxía: petiscos de carne, patacas ou peixe cociñado, pequenos bocadillos e montaditos de vexetais ou atún, os froitos secos non tratados, as froitas desecadas ou o tradicional queixo con olivas. Limita os máis procesados e saborizados coma os "bastóns", "ganchitos" "boliñas de queixo" ou "codias" que, con frecuencia, levan unha carga importante de sal e de graxas industriais e o seu consumo pode desprazar a outros alimentos máis axeitados.

Artígos relacionados que poden interesarche:
Deixa un comentario