Xente con vida

Blog Xente con Vida

Aprende a sentirte ben 02/04/2014

O iogur e as súas propiedades

Vota:
Resultado:
(4 votos)
Compartir:
Descubre os beneficios do iogur e como preparar un delicioso e saudable iogur caseiro.
iogur
  • Consume entre 2 e 4 racións de leite, queixo ou iogur cada día.
  • Nos adultos recoméndase consumir iogur desnatado polo seu menor aporte calórico.
  • O iogur mellora a dixestión da lactosa nas persoas intolerantes á mesma.

O iogur é un produto lácteo que se obtén da fermentación do leite tras engadirlle bacterias que o acidifican e que son as responsables da súa textura e sabor característicos. O iogur ten máis ácido láctico e menos lactosa que o leite e recoméndase o seu consumo nas persoas con intolerancia á lactosa xa que favorece a súa dixestión.

O consumo de iogur, ao igual que outros produtos lácteos fermentados como o kéfir, axuda ao noso organismo a previr os efectos adversos dos tratamentos con antibióticos, diminuíndo a aparición das diarreas. Tamén prevén os procesos infecciosos gastrointestinais en nenos.

Por todo iso recoméndase o seu consumo diario.

A orixe do iogur

A palabra iogur procede do termo búlgaro "jaurt" ou "ja", que significa espesar. Considérase que o iogur se orixinou de forma accidental ao almacenar o leite en sacos de pel de cabra, que favorecían o proceso de fermentación debido á acción das bacterias e as altas temperaturas. A facilidade do transporte e conservación, fixeron do iogur un alimento esencial para os pobos dos Balcáns e Asia Menor. Hoxe en día, o consumo de leites fermentados é unha das características da Dieta Mediterránea.

Como preparar iogur caseiro

Ingredientes:

1 litro de leite enteiro

1 iogur (mellor natural)

Preparación:

Quenta o leite ata que estea morno. Retira do lume e mestura o iogur ata que se disolva. Garda o preparado nun recipiente de plástico con tapa e déixao repousar a temperatura ambiente durante 24 horas. Pasado o tempo indicado, está listo para o seu consumo, tanto ao natural, como con froitas, mel, marmelada, cereais...

 
Deixa un comentario