Xente con vida

Blog Xente con Vida

Aprende a sentirte ben 21/06/2016

San Xoán 2016: Recomendacións para unhas festas saudables

Vota:
Resultado:
(4 votos)
Compartir:
San Xoán 2016: Recomendacións para unhas festas saudables
SANXOAN_2016_PORTADA  

A noite de San Xoán, do 23 ao 24 de xuño Galicia celebra a chegada do solsticio de verán con ritos ligados á fertilidade e purificación.

A noite máxica de san Xoán

A noite máxica de San Xoán Galicia enteira, de norte a sur, arde. Cidades e aldeas enteiras saen ás rúas para festexar a noite máis máxica podendo atopar “cacharelas” e “lumeiradas” en cada casa, parroquia e barrio. Atribúeselle protección e boa sorte ao feito de saltar nove veces cada unha destas fogueiras.

O fume, o cheiro a sardiñas e o bo ambiente rodean a esta festa que cada ano atrae un maior número de persoas a vivir unha noite ao redor do lume.

Por un San Xoán saudable: prevención e concienciación

Varios estudos realizados pola Unidade de Queimados do Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (CHUAC) afirman que durante a noite de San Juan prodúcese un aumento considerable de queimaduras respecto ao resto do ano. A gran maioría, producidas polas imprudencias e o consumo de bebidas alcohólicas entre os máis novos.

A prevención e a concienciación da poboación son necesarias para reducir estas cifras. Por iso, a continuación, Juan García, da Unidade de Queimados do CHUAC, ofrécenos unhas recomendacións básicas para previr ou minimizar as queimaduras, que recollemos nunha infografía para facilitar a súa consulta, descarga e difusión.

XCV_SAN JUAN_GAL_recomendaciones

*Recomendacións achegadas por Juan García Barreiro, Unidade de Queimados do Complexo Hospitalario Universitario da Coruña.

Deixa un comentario