Xente con vida

Blog Xente con Vida

Aprende a sentirte ben 29/12/2017

Rutas de sendeirismo para comezar o ano.

Vota:
Resultado:
(1 votos)
Compartir:
Rutas de sendeirismo para comezar o ano.

Durante o inverno tamén podemos facer pequenas escapadas e rutas de sendeirismo. Galicia conta cunha morea de propostas.

ART_74_IMAGEN_1.png 

Ruta dos Tres Ríos (Touro, A Coruña)
  • Distancia: 17 quilómetros.
  • Duración: 6 horas e media.
  • Ruta circular: Si.
  • Dificultade: Baixa.

Comeza a ruta na Área Recreativa de A Santaia, onde poderemos aparcar o coche. Comezamos a ruta polo Monte de Fao a beira do río Lañas e pasaremos polos Muíños da Carballa, logo chegaremos a Fervenza do Salto das Pombas, cunha caída de 10 metros, onde nos poderemos parar a observar unha fermosa estampa. Continuamos camiño cruzando un novo río, o de Beseño, ata chegar a Ponte da Laña, onde desemboca o río Lañas no Ulla, e máis tarde chegamos a Ponte Basebe, finalmente damos volta sobre os nosos pasos.

Unha ruta na que cruzamos tres ríos, o Lañas, o Beseño e o Ulla e na que estaremos acompañados da sombra de frondosas árbores autóctonas.

Ruta da Auga (Guitiriz, Lugo)
  • Distancia: 11,2 quilómetros.
  • Duración: 3 horas e media.
  • Ruta circular: Si.
  • Dificultade: Baixa.

A ruta segue o curso do río Parga e pasa por varias fontes de augas medicinais. Comezamos o traxecto cruzando a vía do tren ata chegar a capela de San Alberto, unha igrexa do século XIV, continuamos camiño baixo a sombra de árbores autóctonas e chegamos a Ponte Pitero, cruzamos o río e veremos varios muíños. Finalmente cruzamos a vía do tren e chegamos a fonte de Valdobín, coñecida polas súas augas curativas.

ART_74_IMAGEN_2.png

Sobreirais do Arnego (Agolada, Pontevedra)
  • Distancia: 5,7 quilómetros.
  • Duración: 2 horas e media.
  • Ruta circular: Si.
  • Dificultade: Baixa.

Ruta que circula á beira do río Arnego,e no que poderemos observar diferentes árbores como castiñeiros, carballos, freixos, ameneiros e sobreiras, que sendo unha especie propia dun clima máis suave, logrou pervivir e prosperar no val do río Arnego gracias as condicións climatolóxicas que presenta este enclave, protexido pola Rede Natura.

A ruta comeza na Igrexa de Cangas, do século XII, continúa polo lugar de Rodís, onde poderemos ver unha antiga fábrica de papel, e chega as inmediacións do Castro de Palio e Igrexa de Santa Baia. Máis tarde continuaremos polo mirador das Piniceiras, onde poderemos contemplar boa parte dos sobreirais do río Arnego, pouco despois pasearemos entre sobreirais e veremos dous muíños.

Camiño Real de San Pedro de Rocas (Esgos, Ourense)
  • Distancia: 9 quilómetros.
  • Duración: 3 horas.
  • Ruta circular: Si.
  • Dificultade: Baixa.

Unha ruta que percorre un antigo camiño real, que mantén os seus muros laterais e o empedrado. É un dos sendeiros máis antigos dentro dos homologados, comeza no concello de Esgos e nos leva hacia o mosteiro de San Pedro de Rocas, monumento histórico-artístico fundado no ano 573.

Na primeira parte do sendeiro atoparemos o peto de ánimas de A Meiroá, monumento mortuario popular que servía para deixar limosnas para as almas do Purgatorio, axudandolle así a alcanzar o ceo. Logo do peto continuaremos senda por un bosque ata chegar o mosteiro de San Pedro de Rocas, un dos enclaves arquitectónicos mási relevantes da Ribeira Sacra.

Consellos para realizar rutas de sendeirismo
  • Escoller indumentaria apropiada: botas de montaña de caña baixa, calcetíns de montaña e sen costuras.
  • Revisar a previsión do tempo antes de realizar a ruta para evitar condicións meteorolóxicas extremas.
  • Comezar con sendas homologadas e ben sinalizadas.
ART_74_IMAGEN_3.png

FONTES
Deixa un comentario