Xente con vida

Blog Xente con Vida

Aprende a sentirte ben 30/08/2018

Rede galega de praias sen fume 2018

Vota:
Resultado:
(0 votos)
Compartir:
Rede galega de praias sen fume 2018

A Rede Galega de Praias sen Fume está constituída na actualidade por 79 praias de 45 concellos, incluídas algunhas praias fluviais.​

ART91_PORTADA.jpg

O consumo de tabaco sigue sendo a primeira causa evitable de mortalidade.

No ano 2012 o Concello de Baiona puxo en marcha unha campaña para promover que a cidadanía non fumara nas súas praias.

A Dirección xeral de saúde pública recolleu esta iniciativa para estendela por todo o litoral galego, creando a “Rede galega de praias sen fume”.

Esta iniciativa non ten un fin recaudatorio, senón educativos, de promoción da saúde e de protección do medio ambiente, sendo, o seu cumprimento, voluntario. Ademais, ten como obxectivos:

  • Promover unha vida sen tabaco.
  • Desnormalizar o consumo do tabaco na sociedade.
  • Reforzar o papel modélico-positivo dos pais/nais.
  • Formar unha rede galega de “Praias libres de tabaco”.
  • Promover praias que respecten e coiden o medio ambiente.
INFOGRAFIA_PRAIAS_SEN _FUME.png
QUE É UNHA PRAIA SEN FUME?

Unha praia onde non se fuma en toda a zona do areal, a partir da sinalización. Quedan excluídos da prohibición as zonas ao aire libre dos locais de hostalería situados na praia.

POR QUE DEBEMOS ESCOLLER UNHA PRAIA SE FUME?
  1. Cada vez que prendemos un cigarro estamos poñendo en risco a nosa saúde e a dos que están connosco.
  2. Non podemos esquecer que o consumo de tabaco é a primeira causa de morbilidade e de mortalidade evitable.
  3. Non fumar representa un paso importante para conseguir unha sociedade sen tabaco, para todos e entre todos.
  4. Para trasladar exemplos de boa conduta aos nosos/as nenos/as.
  5. É responsabilidade de todos contribuír a desnormalizar o consumo do tabaco na nosa sociedade.
  6. Os mozos e mozas teñen que ver que o normal é non fumar.
  7. Para desfrutar dun día de praia non fai falla fumar.
  8. A praia é un lugar lúdico para desfrutar da familia, da parella, da natureza, onde o fume de tabaco non ten cabida, sendo totalmente prescindible.

FONTES

  • Consellería de Sanidade
Deixa un comentario