Xente con vida

Blog Xente con Vida

Aprende a sentirte ben 10/03/2020

O aceite de oliva, alimento clave na dieta saudable

Vota:
Resultado:
(0 votos)
Compartir:

Aceite_oliva.jpg
 

 

Son moitas as investigacións que durante as últimas décadas leváronse a cabo sobre os beneficios para a saúde derivados do consumo de aceite de oliva.

O aceite de oliva é un dos principais ingredientes da dieta  cardiosaudable xa que nos achega diferentes nutrientes beneficiosos para a nosa saúde.

As graxas ou lípidos, formados por ácidos graxos, divídense en ácidos graxos saturados, procedentes sobre todo de graxas de orixe animal e relacionados en maior medida con problemas cardiovasculares, e ácidos graxos  insaturados, procedentes de aceites vexetais e peixes, e máis saudables para o organismo. Á súa vez, os insaturados divídense principalmente en  monoinsaturados (como o ácido  oléico) e  poliinsaturados (como o ácido  linoléico), ambos fundamentais para a vida humana. O principal tipo de ácido graxo do aceite de oliva é o  monoinsaturado.

Outros nutrientes importantes son os antioxidantes como a vitamina E e os polifenoles. É precisamente o alto contido en ácidos graxos  monoinsaturados e en substancias antioxidantes (vitamina E) o que confire ao aceite de oliva os seus efectos tan beneficiosos.

Entre as principais propiedades e aspectos beneficiosos do consumo de aceite de oliva cabe apuntar:

    • Unha das principais características da dieta atlántica é a utilización de aceite de oliva tanto para o aderezado como para o cociñado dos alimentos.
    • O seu alto contido en  polifenoles fai que teña unha gran capacidade antioxidante, reducindo así a  oxidación e o dano celular.
    • O efecto beneficioso para a saúde do aceite de oliva depende da cantidade de  polifenoles que conteña; por este motivo, é importante usar aceite de oliva virxe extra (e non aceite refinado), xa que é o menos procesado e foi  prensado unha soa vez.
    • O aceite de oliva prevén algunhas enfermidades cardiovasculares, principalmente, o infarto de miocardio, a  anxina de peito e a trombose cerebral.
    • O seu alto contido en ácido  oléico axuda a regular os niveis de colesterol, producindo unha diminución do chamado colesterol malo ( LDL) e aumentando os niveis do colesterol bo ( HDL).
    • Contribúe a reducir a presión arterial.
    • Reduce a formación de  coágulos sanguíneos e mellora a saúde das paredes arteriais.
    • Axuda a reducir os niveis elevados de glicosa no sangue.
    • Reduce o risco de síndrome  metabólico (obesidade).
    • Axuda a manter un equilibro máis san entre ácidos graxos omega-3 e omega-6.
    • Ten un efecto protector contra certos tipos de cancro, tales como o de mama, próstata, endometrio e aparello dixestivo.
    • Reduce a actividade dos  microbios e as infeccións.
    • Ten un efecto  antiinflamatorio.
    • Cando se aplica directamente sobre a pel ten un efecto  hidratante.
    • Mellora o funcionamento do estómago, fígado, páncreas e intestino e ten un lixeiro efecto laxante.
    • Axuda a previr a osteoporose xa que favorece a absorción do calcio e a mineralización do óso.
    • A súa utilización está recomendada para todas as idades, tanto na alimentación infantil como na terceira idade.
    • Non favorece a obesidade e aumenta a actividade lipolítica (destrución de graxa) do tecido adiposo.
    • O consumo de aceite de oliva en cantidades razoables, non ten ningún efecto negativo para a saúde.

Deixa un comentario