Xente con vida

Blog Xente con Vida

Mitos 19/03/2012

Mitos en torno á alimentación

Vota:
Resultado:
(13 votos)
Compartir:
Con frecuencia lemos ou escoitamos afirmacións acerca das bondades ou perigos de algúns alimentos. Ás veces son froito de determinadas campañas de publicidade con intereses comerciais e outras responden a opinións non sempre científicas ou contrastadas. Por outra parte, a alimentación posúe tamén un valor simbólico e cultural, o que ás veces fai que as nosas eleccións se sosteñan sobre determinadas crenzas pouco rigorosas.
84462598.jpg
Mitos en torno á alimentación
  • Soamente as autoridades sanitarias son as encargadas de comunicar á poboación os riscos sanitarios dun determinado alimento.
  • Os tratamentos derivados de herbas ou produtos "naturais" non son carentes de risco.

Nestes artigos imos desmentir algúns consellos que son erróneos e confirmar os correctos. Con isto pretendemos clarificar algunhas afirmacións que ofrecen diferentes medios para favorecer a capacidade para manter unha actitude crítica coa información que se reciba.

Ademais proporcionámosche unha serie de recomendacións:

  • En xeral, busca información sobre alimentación en medios "seguros" por exemplo a que procede de organismos oficiais, universidades e sociedades científicas.
  • cinta Se tes dúbidas ou preguntas concretas sobre a túa alimentación e a túa saúde, consulta ao teu médico ou farmacéutico.
  • Non creas os "milagres". As axudas que che prometen adelgazar en tempo récord non teñen ningún rigor e poden ser perigosas.
  • Os tratamentos derivados de herbas ou produtos "naturais" non son carentes de risco. Pola contra, ao non pasar controis de seguridade, poden conter principios activos que os fan potencialmente perigosos.
  • Non te fíes das recomendacións "raras". Polo xeral, carecen de rigor científico. Algúns exemplos: Non mesturar nutrientes, non mesturar alimentos das mesmas cores, facer un día de xaxún, comer só froita unha vez á semana...
  • Soamente as autoridades sanitarias son as encargadas de comunicar á poboación os riscos sanitarios dun determinado alimento. Non te fíes de "perigos" sen fundamento. Se un alimento está no mercado é porque cumpre coa lexislación vixente e é seguro para a saúde.
Publicacións relacionadas que poden interesarte:
Comentarios (2 respostas)
  • Xente con Vida o 02/04/2012 ás 14:36

    Ola, Flor. Moitas grazas polo teu comentario. Efectivamente, aquelas persoas que teñan dúbidas sobre dietas, composición de alimentos e principios básicos sobre nutrición poden dirixirse ao dietista-nutricionista, como ben dís.
     
    Naqueles casos nos que as súas dúbidas sobre a dieta estean relacionadas coa saúde ou algunha enfermidade específica, pode consultar co seu médico. Estes son os casos aos que nos referimos no apartado de recomendacións deste artigo.

  • Flor o 30/03/2012 ás 16:07

    O artículo paréceme moi ben, pero eu cambiaría unha frase: "Se tes dudas ou preguntas concretas sobre a túa alimentación consulta ao teu DIETISTA-NUTRICIONISTA" que é o que estudiou unha carreira sobre alimentación e nutrición durante catro anos.

Deixa un comentario