Xente con vida

Blog Xente con Vida

Nenos e mozos 14/10/2015

Recomendacións para o uso axeitado da mochila escolar

Vota:
Resultado:
(5 votos)
Compartir:
Despois das vacacións de verán, chegou a volta ao cole. Un dos problemas que lle poden xurdir aos nenos e nenas, derivado do excesivo peso das mochilas, son as dores de costas. A continuación, ofrecémosvos unha serie de recomendacións para o correcto uso das mochilas.
slide4.png

A mochila é o sistema máis estendido na nosa sociedade para transportar os libros e o material escolar. Son un elemento moi práctico, pero o seu uso incorrecto pode conlevar problemas de saúde.

A preocupación existente entre os pais e as nais polo peso das mochilas non ven só dado polo esforzo que realizan os escolares ao transportalas, senón tamén pola súa posible relación coa dor de costas, de pescozo ou ombreiros e tamén con alteracións estáticas da columna vertebral.

Polo tanto, é imprescindible escoller unha boa mochila para evitar calquera destes problemas e facer un bo uso da mesma. Como facelo? No mercado existen moitísimos modelos! A continuación, ofrecémosvos unha serie de consellos básicos a ter en conta á hora de elixir unha mochila “saudable”.

Consellos básicos para escoller mochila:
  • Debe ser lixeira, non moi grande e estar feita dun material brando.
  • A súa lonxitude debería ser como a do torso do/a neno/a.
  • Debe ter dúas cintas anchas para os ombreiros e tanto estas como a parte que vai pegada ás costas deben estar acolchadas.
  • É recomendable que teña unha correa axustable para a cintura ,que axudará a distribuír mellor o peso.
  • Tamén se poden utilizar as mochilas con rodas, aínda que poden ser incómodas dependendo do terreo polo que se transite. Se se escolle este modelo, hai que regular a asa á altura do neno ou nena. Segundo os fisioterapeutas, débese empuxar hacia adiante, nunca arrastrala.
XCV_Grupo

 

Agora xa están máis claros os aspectos a ter en conta no momento de ir a mercala. O seguinte paso é saber o que lle temos que indicar aos peques da casa para que a utilicen correctamente.

Recomendacións para un correcto uso das mochilas:
  • O peso da mochila non debe sobrepasar entre o 10 e o 15% do peso do/a neno/a.
  • A mochila debe colocarse cas dúas asas nos ombreiros e sempre por encima da cintura. Débese levar ben pegada ás costas, que non quede frouxa, se a levan atada á cintura pesará menos.
  • Nunca se debe levar sobre un solo ombreiro.
  • Cando se vaia poñer, débese colocar antes sobre unha mesa, dobrar os xeonllos e collela coas dúas mans.
  • No momento de poñela e quitala, non se deben facer xiros bruscos e hai que soltala coas dúas tiras ao mesmo tempo.
  • Débese organizar o contido colocando os obxectos máis pesados na parte inferior da mochila e no lado que vaia apoiado nas costas.
  • Retirar o material que non se vai empregar no día.
  • As mochilas non deben ter moitos compartimentos, para que os nenos e as nenas garden só o imprescindible.
  • Facer deporte e evitar o sedentarismo para ter unha musculatura axeitada. A falta de exercicio físico favorece a dor de costas por perda de resistencia muscular.
XCV_Nenas
Nas aulas...

No período escolar pasan moitas horas sentados nas cadeiras das aulas. Non está de máis que lles insistamos en que deben manter unha postura axeitada. Estas son algunhas das recomendacións que lles podemos facer chegar, pero lembrade que vós sodes o espello no que se miran e tedes que darlles exemplo:

  • Hai que colocarse ben atrás na cadeira, apoiando os pés no chan e os xeonllos deben estar á altura da cadeira.
  • Débese manter recto e apoiar os brazos e os cóbados na mesa.
  • Se empregas o ordenador, hai que separarse polo menos 45 centímetros da pantalla.

Con estes sinxelos consellos todos e todas estaremos coidando as nosas costas.

Por último, non esquezades o seguinte:

Facer deporte e evitar o sedentarismo para ter unha musculatura axeitada. A falta de exercicio físico favorece a dor de costas por perda de resistencia muscular.

FONTES XCV_Infografia_Mochilas_GAL
​​
Deixa un comentario