Xente con vida

Blog Xente con Vida

Nenos e mozos 26/06/2017

Entrevista a Ana Isabel González Villar, do Servizo Territorial de Ourense da Consellería de Sanidade sobre o concurso “Chefs saudables”

Vota:
Resultado:
(1 votos)
Compartir:
Entrevista a Ana Isabel González Villar, do Servizo Territorial de Ourense da Consellería de Sanidade sobre o concurso “Chefs saudables”

Un total de 2700 escolares de educación infantil e primaria da provincia de Ourense participaron durante o curso actual no programa “Por unha mocidade saudable” destinado a concienciar ao alumnado da importancia dunha alimentación sá.​ Dentro deste proxecto encádrase o concurso “Chefs saudables” no que durante varios meses, os nenos, de idades entre os tres e os once anos, traballaron para preparar unha receita propia.

art66_portada.jpg

En Xente con Vida queremos promover este tipo de proxectos polo que hoxe imos falar con Ana Isabel González Villar, unha das responsables desta iniciativa, para que nos explique polo miúdo en que consistiu.

Primeiro que é o programa “Por unha mocidade saudable”? Que actividades levades facendo nos últimos anos cos centros educativos?

Este programa é unhas das actividades que ao inicio deste curso escolar 2016/17 se ofertou dende a xefatura territorial de sanidade de Ourense a todos os centros educativos da provincia que imparten ensinanzas de infantil e primaria.

O obxectivo que pretendía era fomentar os hábitos dunha alimentación saudable e de actividade física dende idades moi temperás mediante relatorios e talleres prácticos.

Ademais desta actividade tamén se oferta ao inicio do curso escolar actividades de promoción de saúde bucodental e de prevención de trastornos adictivos.

Este tipo de actividades levánse ofertando nos últimos anos aos centros educativos de xeito habitual ao inicio dos cursos escolares.

Dentro deste programa, enmarcouse o concurso “Chefs saudables” en que consistiu?

Co fin de que a actividade proposta non se limitase a un só día, propúxose que os centros traballasen o tema da alimentación saudable durante o curso. Para isto, ideouse a modalidade dun concurso no que os centros puidesen enviar o seu traballo e dende a xefatura territorial utilizar un premio como recompensa ao esforzo realizado.

A idea de que fose unha receita baseouse en que durante a actividade, a técnico da xefatura enseña aos escolares a confeccionar o seu plato preferido, no que se inclúe verduras e hortalizas, hidratos de carbono e proteínas sempre acompañado de pan, con froita de postre e con auga como bebida, polo que elaborar unha receita entre todos os membros do centro reforzaba a aprendizaxe dos elementos básicos que debe conter unha comida.

ART_66_imagenB_gal.jpg
Que este traballo se recollese en formato vídeo simplemente pretendía que fosen visibles os diferentes pasos da receita realizada e facilitaba o visionado posterior, a hora de seleccionar os traballos premiado e de facerllos chegar a todos os participantes.

Quen participou?

Na actividade inscribirónse 32 centros de educación infantil e primaria, entregando 26 deles unha receita para o concurso.

Cales son os obxectivos principais desta acción?

O obxetivo xeral é fomentar un concepto de alimentación que cumpra as recomendacións da Estratexia NAOS, que permitan crear hábitos saúdables, que se traduzan en diminución das cifras de sobrepeso e obesidade e na reducción de factores de risco para enfermidades crónicas non trasmisibles.

Ademais, inténtase que se manifesten na práctica os conceptos teóricos transmitidos durante o relatorio.

E sobre todo, que sexan os propios escolares os que experimenten e se impliquen en darlle forma os contidos traballados. Neste caso tamén favorece a que actividade sexa máis atractiva para eles pola presenza do concurso e pola repercusión mediática actual que están a ter concursos de elaboración de receitas de cociña.

Cantas receitas se presentaron? Cales foron as gañadoras? Por que se escolleron estas?

Presentáronse 26 receitas, tendo o xurado moi díficil a elección, pola calidade dos traballos presentados.

O xurado, composto por 5 persoas, valorou a explicación de motivos para a elección da receita, os ingredientes utilizados, os pasos seguidos na elaboración, as prácticas de hixiene, a orixinalidade da receita, a caracterización do entorno para a elaboración da receita, a calidade técnica do vídeo presentado e a mensaxe de fomento de hábitos saúdables.

Os finalistas neste concurso foron as receitas presentadas por CEIP Mariñamansa (Flor de primavera), CEIP de Sarreaus (Xeados Saudables: Healthy ice-cream), CEIP Virxe Pena da Sela (Menú: Aguacates recheos de atún, bocados de pavo e mazá e sorbete de sandía) e a gañadora foi a do CEIP Eulogio Gómez Franqueira (Salmón en papillote gornecido con patacas e corazóns de leituga primaverais.)

ART_66_IMAGEN1_GAL.png
A que vos quedades con ganas de coñecer as 26 receitas?

Dende Xente con Vida queremos compartilas con todos vós, aquí tedes os enlaces para poder visionalas:

Vídeos participantes:

https://www.youtube.com/playlist?list=PLOif0ort5lgFGKceg-T7zaj6ZJE6TqJho

Vídeos candidatos:

https://www.youtube.com/watch?v=CK58a3m7vmY&index=25&list=PLOif0ort5lgFGKceg-T7zaj6ZJE6TqJho

Vídeos finalistas:

https://www.youtube.com/watch?v=Y5bN17Zagpk

FONTES

  • Equipo de Xente con Vida
Deixa un comentario