Xente con vida

Blog Xente con Vida

Nenos e mozos 02/04/2020

Confinamento e consumo de alcohol

Vota:
Resultado:
(0 votos)
Compartir:

Nas últimas semanas detectouse un incremento no consumo de bebidas alcohólicas nos fogares galegos, o que repercute nun aumento das urxencias por este motivo.

Nesta situación de confinamento, máis que nun​ca, queremos lembrarche que:

• O alcohol é prexudicial para a saúde.

• Se pensas que podes ter problemas co alcohol, ou os tiveches algunha vez, procura non ter bebidas alcohólicas na casa, de ningunha gradación.

• É recomendable manter unha dieta equilibrada.

• Se notas gañas de beber, tenta distraerche facendo manualidades, ximnasia, cociña, etc. tamén podes escoitar música relaxante ou xogar coa túa mascota.

• É importante manter o contacto (teléfono, redes sociais) coa familia ou amigos/as e poder compartir como che sentes.

• Pensa que se bebes alcohol estás sendo un mal exemplo para as persoas menores de idade que conviven contigo.

• O consumo de bebidas alcohólicas en menores de idade é especialmente prexudicial debido as implicacións negativas no seu neurodesenvolvemento e saúde física e mental.

• O consumo de bebidas alcohólicas pode facer que o teu comportamento che poña a ti ou a outras persoas en risco de infectarse. tamén facilita que aflore a agresividade e se produzan problemas de convivencia.

• Se tes dificultades para evitar o consumo de alcohol contacta co teu centro de saúde.

• Seguindo estas pautas es solidario. Evita riscos innecesarios. Coidándote coidámonos todos.​​

Deixa un comentario