Xente con vida

Blog Xente con Vida

Nenos e mozos 21/09/2012

Obesidade infantil

Vota:
Resultado:
(1 votos)
Compartir:
Na tendencia á obesidade infantil inflúen o compoñente xenético, o estilo de vida da familia, os hábitos alimentarios e o sedentarismo.
obesidade infantil_web
A obesidade infantil conleva numerosas complicacións.
  • Un neno con algún dos seus proxenitores obesos ten ata 4 veces máis risco de padecer obesidade.
  • Un neno que durme cinco ou menos horas diarias case duplica o risco de ser un adulto obeso.
  • Unha dieta equilibrada e 60 minutos diarios de actividade física moderada axudan a manter o peso saudable dos nenos.
obesidad infantil_gal.jpg

Gráfico "Complicacións da obesidade infantil"
Fai clic na imaxe para acceder ao gráfico

Cando falamos da obesidade infantil, en moitas ocasións fixámonos se hai unha tendencia familiar. O certo é que do "pasado" familiar inflúe o compoñente xenético, pero tamén o estilo de vida da familia, os hábitos alimentarios e os comportamentos sedentarios.

Un neno con algún dos seus proxenitores obesos ten entre 3 e 4 veces máis risco de presentar obesidade.

Un neno gordiño convertiráse, con alta probabilidade, nun adulto enfermo de obesidade. Os adultos obesos teñen máis risco de padecer certas doenzas como as enfermidades cardiovasculares, diabete tipo 2, accidentes cerebrovasculares ou varios tipos de cancro.

Os nenos e mozos obesos poden sufrir baixa autoestima, discriminación por parte do seu entorno, depresión ou trastornos alimentarios.


O sono e a obesidade

Un neno que durme cinco ou menos horas diarias duplica o risco de ser un adulto obeso.

En España os nenos durmen menos de oito horas diarias. É unha cantidade de tempo insuficiente que trae consigo outros hábitos perxudiciais con repercusión negativa no incremento do peso corporal, como é o non almorzar.

A falta de sono provoca un aumento das hormonas que nos incitan ao apetito e á inxesta de alimentos ricos en graxa e azucre.

Para facilitar as horas de sono, cómpre acostumar ao neno a deitarse todos os días á mesma hora. Darlle a cea cedo, unha ou dúas horas antes de irse a durmir, tamén o axudará a conciliar o sono.

actividade física nenos
Frea o sedentarismo

Ver a televisión non é prexudicial, pero máis dunha hora e media sentados diante dunha pantalla (televisión, pc, videoconsola...) asóciase co risco de obesidade na infancia.

Os nenos e mozos de entre 5 e 17 anos pasan moitas horas sentados por mor dos estudos. Por iso convén reservar 60 minutos ao día para realizar algunha actividade física, como xogos, deporte, exercicios programados, actividades recreativas..., tal e como aconsella a Organización Mundial da Saúde no informe "Recomendacións Mundiais sobre Actividade Física para a Saúde".

hidratación_web.jpg
Para beber: auga

A industrialización da cadea alimentaria cambiou a composición da nosa dieta tradicional, que agora é moito máis enerxética. Os complexos de carbohidratos, como os almidóns, disminuíron mentres que os azucres refinados aumentaron.

O consumo de azucres multiplicouse por 50 nos países industrializados como o noso e ata un 15% da inxesta de enerxía recíbese do azucre refinado, como o que está presente nas bebidas non alcohólicas de consumo preferente nos nenos.

A meirande parte deste azucre engádese e está "oculto" nos alimentos e bebidas procesados. Por iso, acompaña o xantar, a merenda e a cea dos nenos con auga e zumes naturais, en detrimento das bebidas enerxéticas e refrescos.

​​
Deixa un comentario