Xente con vida

Blog Xente con Vida

Aprende a sentirte ben 11/10/2012

Aprende algo máis sobre o colesterol

Vota:
Resultado:
(1 votos)
Compartir:
Que é o colesterol? Cal é o colesterol bo e cal o malo? Como o podo controlar? Estas son as típicas preguntas que un se fai cando escoita falar do colesterol e ás que se dan resposta neste artigo.
Sal
Aprende algo máis sobre o colesterol
  • O colesterol LDL (o "malo") pode acumularse e formar placas nas nosas arterias.
  • O colesterol HDL (o "bo"), pola contra, axuda a limpar as nosas arterias.
  • Niveis elevados de colesterol en sangue incrementan o risco de infarto.
  • O exercicio regular e o aceite de oliva aumentan o denominado colesterol "bo".

O colesterol é unha substancia presente en todas as células animais necesaria para o normal funcionamento do organismo. A maioría do colesterol é producido polo fígado, aínda que tamén se obtén a través dalgúns alimentos. É moi importante na formación dos ácidos biliares, imprescindibles para a dixestión das graxas, formándose a partir del hormonas como as sexuais e a vitamina D.

Cando nunha persoa o colesterol se eleva de forma excesiva en sangue aumenta o risco de sufrir por exemplo enfermidades do corazón como o infarto.

O colesterol é conducido polo sangue ata os órganos que o necesitan, pero necesita uns "autobuses" para ser transportado. Estes autobuses chámanse lipoproteínas.

  • Lipoproteínas de baixa densidade (LDL): Saen do fígado con colesterol novo que o leva a todas as células do organismo que o necesiten. É o que coñecemos como colesterol "malo" porque se deposita nas arterias e forma as placas de ateroma.
  • Lipoproteínas de alta densidade (HDL): Fan o percorrido inverso. Recollen o colesterol e devólveno ao fígado que o almacena ou o usa para formar bile. É o que coñecemos como colesterol "bo" porque limpa as nosas arterias de colesterol.
http://www.youtube.com/watch?v=k9jk1ZBk3U4

Ás veces as lipoproteínas HDL son incapaces de recoller todo o colesterol, e este espera apoiado na parede arterial. Si se acumula moito, o espazo queda reducido. É dicir, as HDL son incapaces de absorber todo o colesterol e o sobrante deposítase na parede das arterias (ateromatose).

Sabías que?
corriendo
  • O exercicio regular e o aceite de oliva son capaces de aumentar o colesterol "bo"?
  • Se un enfermo de ateromatose mantén moi baixos os seus niveis de colesterol en sangue pode lograr que ese colesterol pase da parede arterial novamente o sangue e alí sexa eliminado? Por iso, recoméndase aos pacientes que sufriron infarto de miocardio ou accidente cerebral que manteñan cifras moi baixas de colesterol para intentar limpar así as súas arterias.
  • Segundo datos recentes dun ensaio realizado pola Universidade de Navarra unha dieta mediterránea enriquecida con aceite de oliva virxe ou con froitos secos pode reverter a arterioesclerose nas arterias carotídeas nun ano.
Algunhas cuestións

Sabes cales son os teus niveis de colesterol? Cando foi a última vez que che fixeches unha análise do colesterol?

Publicacións relacionadas que poden interesarche:
Deixa un comentario