Neste artigo propoñémosche algúns consellos referentes ao consumo de peixe e a súa preparación
Consume peixe varias veces á semana
- O consumo de peixe pode axudarche a previr enfermidades do corazón e do sistema vascular.
- O contido nutricional do peixe fresco é similar ao do conxelado.
Os nosos consellos:
- Consume 3-4 racións de peixe á semana.
- Toma polo menos 2 veces á semana peixe azul. É moi beneficioso para a súa saúde.
- Varía as especies de peixe branco (pescada, galo, pescada..) e azul ( cabala, sardiña, xurelo, bonito e atún, salmón...) con moluscos (mexillóns, ameixas...) que ademais son ricos en ferro.
- O consumo de peixe é especialmente importante nas mulleres embarazadas, e no período de crecemento para a función cerebral.
- Nos mercados de Galicia, podemos encontrar pescados moi frescos e a bo prezo. Cando compres peixe, a rixidez do corpo, a cor vermella intensa das branquias e os ollos brillantes e transparentes, son indicativos de calidade.
Prepárao ao forno, ao vapor ou á prancha, ademais de frito.
- Elimina as espiñas antes de ofrecérllelo ás persoas maiores ou aos nenos de curta idade.
- Prepara bocadillos e ceas lixeiras preferiblemente con peixes en conserva como atún ou sardiñiñas antes que con embutidos graxos. Elixe aquelas con menos sal.
Recorda que:
- O consumo de peixe pode axudarche a previr enfermidades do corazón e do sistema vascular.
O peixe constitúe unha importante fonte de proteínas de elevada calidade e vitamina D. Contén unha elevada proporción de ácidos graxos poliinsaturados omega-3, presentes de forma especial no peixe azul, que son esenciais, é dicir, que o noso corpo non os pode sintetizar e que inflúen de forma beneficiosa no noso sistema cardiovascular.
- O contido en graxa é moi variable. O peixe plano (como o linguado e rodaballo) posúe pouca graxa en comparación con outras especies como a sardiña, a cabala ou o arenque.
- O contido nutricional do peixe fresco é similar ao do conxelado.
- Os mariscos son unha boa fonte de vitaminas do grupo B e minerais como iodo e Cinc.