Xente con vida

Nenos e mozos 19/03/2012

Recomendacións para a introdución de alimentos

Vota:
Resultado:
(6 votos)
Compartir:
Presentámosche unhas recomendacións de carácter orientativo para a introdución paulatina dos alimentos.
79167194.jpg
Recomendacións para a introdución de alimentos
  • As recomendacións que presentamos teñen un valor orientativo. O teu pediatra é o que mellor coñece a historia médica persoal e familiar do teu fillo, polo que debe ser el quen te aconselle o mellor xeito de introducir novos alimentos.

Recomendacións xerais:

  • Débese manter sempre un intervalo de tempo, de 7-10 días, entre a introdución dun e outro alimento, para conseguir a súa adaptación e identificar a aparición de reaccións adversas.
  • Nunca se debe facer unha mestura de alimentos ata que se introduzan cada un deles por separado.
  • Débense ter presentes as tradicións alimentarias da zona, a dispoñibilidade de alimentos e as recomendacións pediátricas.
Cereais
muesli
  • Proporcionan enerxía, minerais e vitaminas do grupo B.
  • Deben ser fortificados en ferro.
  • É aconsellable administralos sen glute durante o primeiro semestre (arroz, millo, soia, tapioca).
  • O glute (trigo, cebada, centeo) non se debe introducir nunca antes dos 4 meses nin despois dos 7 meses. A súa introdución debe ser gradual, mentres o bebé continúa a lactar.
  • Ten presente a presenza de glute en galletas, pan etc.
Froitas
fruta
  • Proporcionan minerais (potasio, magnesio, calcio, selenio, etc), vitaminas (A, C, folato, carotenos, etc), auga , fibra e compostos "bioactivos" moi beneficiosos para a saúde.
  • Primeiro débense introducir as froitas que teñen zume e elixir as que sexan menos ácidas e as máis maduras, xa que senón poden producir rexeitamento. Pódense preparar trituradas, en puré pouco espeso, sen fíos nin pebidas, despois de eliminar o corazón.
  • Unha inxestión elevada pode limitar a doutros alimentos.
  • Non se deben administrar zumes ata que o lactante poida beber por cunca. A administración con biberón, especialmente en aqueles azucrados, aumenta o risco de carie dental.
  • Débese ter presente o seu efecto laxante e os posibles síntomas ou signos clínicos de intolerancia.
Verduras, hortalizas e legumes
Verdura
  • Proporcionan vitamina C, ß-carotenos e vitaminas do grupo B, calcio, ferro, magnesio, potasio e proteínas.
  • Unha inxestión elevada pode producir malestar abdominal e flatulencia, por unha achega excesiva de fibra.
  • Unha cantidade moderada de fibra, proporcionada por unha axeitada alimentación complementaria, é beneficiosa.
  • As espinacas, a remolacha, os nabos, a col e o repolo en cantidades moi elevadas, poden causar metahemoglobinemia en lactantes pequenos.
Carne
carne
  • É rica en proteínas e ferro..
  • Ten un alto valor nutricional e prepararase en forma de puré, sendo mellor aceptado se se mestura con verdura.
  • Débense administrar carnes pouco graxas, eliminando a graxa visible e a pel.
  • As vísceras (fígado, riles, miolos, etc.) non son recomendadas.
Peixe
pescado
  • É tan rico en proteínas coma a carne. Contén fósforo, zinc, calcio, selenio, iodo, vitaminas do grupo B e graxa saudable, o seu alto contido en ácidos graxos omega 3, favorecen o desenvolvemento cerebral e visual do neno.
  • Débese ter presente que o peixe conxelado posúe o mesmo valor nutricional có fresco.
  • Por ser potencialmente alerxénico introducirase a partir dos 9 meses de idade.
  • Prestarase atención á presentación de síntomas ou signos de reacción alérxica e terase presente que os peixes, sobre todo aqueles de maior tamaño e vida máis longa, poden conter sustancias tóxicas coma o mercurio, con efectos negativos para a saúde.
Ovo
huevo
  • Proporcionan proteínas de alta calidade nutricional, vitaminas A, D, B12, folato, minerais (fósforo, selenio, calcio, ferro, etc.) e ácidos graxos esenciais, con predominio de ácidos graxos insaturados, en especial oléico.
  • Débese introducir primeiro a xema cocida e en cantidades crecentes, xa que a clara é máis alerxénica, ao conter as proteínas (tendo presente como xa foi dito que a introdución tardía dos alimentos alerxénicos non parece diminuir o risco de alerxia).
  • Recorda que pode provocar alerxias.
Glute
cereal
  • Glute pode producir intolerancias pasaxeiras e en lactantes que teñen enfermidade celíaca, a introdución temperá dá lugar a complicacións severas.
  • Recoméndase a súa introdución (trigo, avea, centeo e cebada) nunca antes dos 4 meses nin despois dos 7 meses, e preferiblemente facer una introdución gradual mentres a nena está tomando a leite da nai.
Os “potiños” ou “tarriños”
potito

Os alimentos frescos e de temporada son sempre recomendados. Debemos ter presente na preparación dos purés que se pode engadir aceite de oliva, pero nunca engadir sal ou azucre. Os potiños ou tarriños son tamén un bo alimento para o lactante con alimentación complementaria, xa que polo seu carácter fluído, facilitan a súa aceptación ao inicio, permiten o desenvolvemento do gusto por novos sabores e son constantes na súa composición, que é sometida a controis rigorosos.

O leite de vaca e os lácteos

O iogur e o queixo fresco poden ser introducidos a partir dos 8 meses. Polo contrario o leite de vaca non se debe introducir no primeiro ano de vida.

Unha incorporación precoz na dieta do leite de vaca pode supoñer:

  • Unha excesiva inxestión de proteínas, sodio, potasio, calcio, fósforo e cloro.
  • Alteracións no metabolismo do ferro ou risco de anemia ferropénica con consecuencias negativas para a saúde.
  • Desenvolvemento dunha intolerancia e/ou alerxia ás proteínas do leite de vaca.
leche

Recomendacións da Sociedad Europea de Gastroenterología, Hepatología y Nutrición Pediátrica para a introdución da alimentación complementaria:

  • A lactación materna exclusiva durante os 6 primeiros meses é un obxectivo desexable.
  • Non se debe realizar a introdución da alimentación complementaria antes da semana 17 de vida nin despois da 26.
  • Non parece haber evidencia científica de que evitar ou retardar a introdución de alimentos potencialmente alerxénicos como peixe e ovo, reduza o risco de desenvolvemento de alerxia, tanto nas lactantes consideradas de risco coma nas que non o son.
  • Nos alimentados con leite de muller, a alimentación complementaria debe proporcionar unha cantidade suficiente de ferro.
  • Non se debe introducir o leite de vaca antes dos 12 meses.
  • É prudente evitar a introdución do glute antes dos 4 meses e despois dos 7. A introdución debe ser gradual, mentres a lactante está aínda recibindo o leite de muller, xa que isto pode reducir o risco de enfermidade celíaca, de diabetes tipo I e de alerxia ao trigo.
  • Lactantes e nenos pequenos non deberían recibir unha dieta vexetariana.
​​​​​​​​​​
Comentarios (1 respostas)
  • José Manuel Martín Morales o 15/06/2012 ás 14:48

    Hola, primero felicitarles por esta iniciativa que a buen seguro todos agradeceremos. Quería hacerles llegar unas recomendaciones si tiene a bien tenerlas en cuenta:
     
    - Sería deseable que además de las fotos que tienen en la página saliera alguna de una mamá amamantando, a veces la idea que entra es la visual, y aunque en el texto se apoye la alimentación al pecho como la "deseable" si se apoya con una fotografía el mensaje que llega es mejor.
     
    - En la parte donde hablan de leche y derivados la foto que presentan es un biberón, probablemente a partir del 6º mes que es cuando se recomienda la alimentación complementaria, el niño podrá tomar la leche en vaso sin ningún problema ayudándole además así a no mantener las tetinas por mucho tiempo por el riesgo que tienen después para las maloclusiones dentales. Muchas gracias, Un saludo

Deixa un comentario



 

¿Coñeces o teu índice de masa corporal (IMC)?​​

Os comités internacionais de expertos, recomendan o emprego do Índice de Masa Corporal (IMC) como un indicador orientativo do estado nutricional. Introducindo o teu peso e talla poderás coñecer o teu, e descubrir o nosos consellos saudables individualizados para ti.​​

Introduce os teus datos e calcula o teu IMC:

Kg.

m.


< voltar
O teu IMC é:
A OMS (Organización Mundial da Saúde)
establece como categoría do teu IMC:
BAIXO PESO​
​​
Sería convinte subir de peso cara ó rango de normopeso, xa que, contrariamente ó que moita xente pensa, o baixo peso pode ter consecuencias graves para a saúde.

< voltar
O teu IMC é:
A OMS (Organización Mundial da Saúde)
establece como categoría do teu IMC:
NORMOPESO​​
Tenta manter o teu peso actual, xa que te atopas nun peso adecuado para a túa estatura e, sobre todo, procura que os teus hábitos de dieta e exercicio físico sexan saudables.

< voltar
O teu IMC é:
A OMS (Organización Mundial da Saúde)
establece como categoría do teu IMC:
SOBREPESO I
Se o teu peso é estable, non padeces ningunha enfermidade asociada á obesidade e non se te acumula graxa no abdome, non é un sobrepeso preocupante. Podes manterte neste peso ou baixar cara un normopeso (IMC = 8,5 – 24,9), sempre e cando manteñas uns hábitos saudables de dieta e exercicio físico. Se algún dos anteriores puntos está presente, pola túa saúde aconsellámoste que perdas uns kilos ata situarte dentro do rango de normopeso.​
​​

< voltar
O teu IMC é:
A OMS (Organización Mundial da Saúde)
establece como categoría do teu IMC:
SOBREPESO II​
​​
Se o teu peso é estable, non padeces ningunha enfermidade asociada á obesidad e non se te acumula graxa no abdome, non é un sobrepeso preocupante. Poder manterte neste peso ou baixar cara normopeso, sempre e cando teñas uns hábitos saudables de dieta e exercicio físico. Se algún dos anteriores puntos está presente, aconsellámoste baixar entre un 5 e un 10% o teu peso, para poder mellorar o teu estado de saúde.​

< voltar
O teu IMC é:
A OMS (Organización Mundial da Saúde)
establece como categoría do teu IMC:
OBESIDADE I​
​​
A obesidade é unha enfermidade crónica que implica un exceso de grasa corporal e un incremento no risco de padecer certas enfermidades e trastornos fisiolóxicos, como a hipertensión arterial, diabetes e dislipemias, entre outras. Se xa padeces algunha enfermidade relacionada coa obesidade, ou se che acumula graxa no abdome, aconsellámoste que baixes de peso, alomenos un 10%. Así, poderás incluir novos hábitos saudables que axudarán a mellorar as patoloxías asociadas á obesidade. Se aínda non padeces estes síntomas, para previr posibles problemas de saúde, recomendámosche baixar de peso entre un 5 e un 10%, e coidar os teus hábitos alimentarios e de práctica regular de exercicio físico.

< voltar
O teu IMC é:
A OMS (Organización Mundial da Saúde)
establece como categoría do teu IMC:
OBESIDADE II​
​​
A obesidade é unha enfermidade crónica que implica un exceso de grasa corporal. E, neste caso, habitualmente vai acompañada dalgunha enfermidade asociada. Se é así, por razons de saúde, é necesario baixar de peso entre un 20 e un 30%, tendo en conta as patoloxías que poidan relacionarse coa obesidade. Así mesmo, é imprescindible establecer uns hábitos saudables alimentarios e de exercicio físico, que se vaian instaurando de xeito progresivo e de por vida. Se, por sorte aínda non padeces algunha enfermidade relacionada coa obesidade e non se che acumula graxa no abdome, comeza baixando un 10% de peso, sen esquecerte da importancia duns bos hábitos.​

< voltar
O teu IMC é:
A OMS (Organización Mundial da Saúde)
establece como categoría do teu IMC:
OBESIDADE III​
​​
A obesidade é unha enfermidade crónica que implica un exceso de graxa corporal. E, neste caso, habitualmente vai acompañada dalgunha enfermidade asociada. Por razons de saúde, é necesario baixar de peso entre un 20 e un 30% do teu peso actual, tendo en conta as patoloxías que poden relacionarse coa obesidade. Asi mesmo, é imprescindible establecer uns hábitos saudables alimentarios e de exercicio físico, que se vaian instaurando de xeito progresivo e de por vida.