Xente con vida

Mitos 19/03/2012

Mitos en torno á alimentación II

Vota:
Resultado:
(6 votos)
Compartir:
Estamos rodeados de mitos en torno á alimentación que moitas veces rexen as nosas pautas alimentarias. Por iso formulamos este artigo (segundo dunha serie), onde imos ir desmentindo un a un os máis populares.
Sal
Mitos en torno á alimentación II
  • FALSO: O ovo escuro alimenta máis que o branco.
  • FALSO: O ovo frito é un prato prohibido.
  • FALSO: O colesterol é malo para a saúde.
  • FALSO: O ovo cru "alimenta máis que o cocido".
  • FALSO: Calquera froita engorda se se toma despois de comer.
  • FALSO: Comer só froita durante un día enteiro adelgaza.
  • FALSO: Se a auga se toma durante a comida, engorda.

Comezamos agora a desmentir un a un estes falsos mitos alimentarios.

Mito: O ovo escuro alimenta máis que o branco

O ovo moreno non posúe ningunha vantaxe nutricional fronte ao branco. A súa cor vén dada pola raza da galiña e non pola súa achega en distintos compoñentes. Tanto os ovos morenos coma os brancos son unha fonte importante de nutrientes para todas as idades.

Mito: O ovo frito é un prato prohibido

Todo o contrario. É un dos alimentos con maior densidade de nutrientes de entre os que habitualmente consumimos. As súas proteínas presentan un perfil de aminoácidos esenciais (véxase Nutrición)similar ao que se considera ideal para o home. Por esta razón, dise que é de alto valor biolóxico. Ademais de que o seu perfil graxo é moi axeitado, é fonte importante de vitaminas e minerais. Recorda usar sempre aceite de oliva virxe para fritir. Como o ovo non contén hidratos de carbono, o pan para "mollar" constitúe un complemento perfecto. Un ovo frito: 174 Kcal.

Mito: O colesterol é malo para a saúde

O colesterol é unha substancia graxa natural presente en todas as células do corpo humano necesaria para o normal funcionamento do organismo (véxase Graxa e enfermidade cardiovascular). No pasado críase que o colesterol que provén da dieta era o principal responsable do aumento do colesterol plasmático, pero hoxe coñécese que son as graxas saturadas e trans as principais responsables do dano vascular e que o colesterol dietético ten un papel menor. O ovo, como os alimentos de orixe animal, ten colesterol entre os seus compoñentes, pero tamén achega fosfolípidos, graxas insaturadas, vitaminas e antioxidantes. É por isto polo que o seu consumo non supón ningún risco en persoas sas.

Mito: O ovo cru "alimenta máis que o cocido"

O ovo sempre debe cociñarse ata que a clara estea coagulada. Se se consume cru, moitos dos seus compoñentes non se aproveitan. Coa calor, ademais de facilitar a liberación dalgunhas vitaminas tamén se destrúen microorganismos como a salmonella. Neste punto recorda que un proceso de quentamento axeitado a temperatura de 70 ºC en todo o alimento, garante a eliminación da salmonella.

Mito: Calquera froita engorda se se toma despois de comer

É igual tomar froita se se toma antes durante ou despois da comida. A súa achega calorífica non varía. Non obstante, se a tomamos antes de comer, pode inducir certa sensación de saciedade e facer que durante a comida comamos menos.

Mito: Comer só froita durante un día enteiro adelgaza

A froita achega poucas calorías. Nun día non vas solucionar ningún problema de peso. Non obstante, fíxate no exemplo que che poñemos:

Na seguinte táboa aparece todo o que comeu Pilar ao longo do día.

No seguinte gráfico cada barra azul representa un nutriente (% AP/IR é a porcentaxe de aporte respecto á inxesta recomendada dese nutriente). Canto máis se achegan á barra verde vertical, máis se cobren as necesidades diarias para cada nutriente a través do menú. Como podes comprobar, agás para a vitamina C, o menú de Pilar quédase "curto" en case todo.

Se Pilar mantivese este menú no tempo aínda que fose de forma alternativa podería ocasionarlle problemas de saúde. Por iso é mellor tomar alimentos de todos os grupos na cantidade axeitada para manter ou baixar o peso. E non se che esqueza a actividade física diaria.

Tomar froita variada (polo menos 3 porcións ao día) forma parte dunha dieta saudable pero non é suficiente para conseguir unha axeitada nutrición. Para baixar peso segue os consellos de O exceso de peso e a obesidade.

Mito: Se a auga se toma durante a comida, engorda

Achega Calorífica da auga: 0. A auga non proporciona calorías, e como se tratou no artigo da auga é conveniente beber con frecuencia. Por outra parte, é indiferente o momento en que se tome, e se é durante a comida ou entre horas.

Publicacións relacionadas que poden interesarte:
Comentarios (1 respostas)
  • VESELA DIMITROVA STOYANOVA o 29/01/2013 ás 10:16

    Mi comentario es sobre el efecto de agua que se bebe junto con la comida!!! La saliva es importante para la degistion!!! Cuando uno come y bebe agua esta desminuendo la concentracion de la saliva, la hace menos potente y con estola digestion es lento. Tambien se puede aportar que los ultimos años sobreproduccion , concervacion en camaras, que se recojen verde y muchos mas factores hicieron que la de fruta y verdura disminuiron los nutrientes, llegando como el platano de perder hasta 95% de sus propiedades!!!

Deixa un comentario



 

¿Coñeces o teu índice de masa corporal (IMC)?​​

Os comités internacionais de expertos, recomendan o emprego do Índice de Masa Corporal (IMC) como un indicador orientativo do estado nutricional. Introducindo o teu peso e talla poderás coñecer o teu, e descubrir o nosos consellos saudables individualizados para ti.​​

Introduce os teus datos e calcula o teu IMC:

Kg.

m.


< voltar
O teu IMC é:
A OMS (Organización Mundial da Saúde)
establece como categoría do teu IMC:
BAIXO PESO​
​​
Sería convinte subir de peso cara ó rango de normopeso, xa que, contrariamente ó que moita xente pensa, o baixo peso pode ter consecuencias graves para a saúde.

< voltar
O teu IMC é:
A OMS (Organización Mundial da Saúde)
establece como categoría do teu IMC:
NORMOPESO​​
Tenta manter o teu peso actual, xa que te atopas nun peso adecuado para a túa estatura e, sobre todo, procura que os teus hábitos de dieta e exercicio físico sexan saudables.

< voltar
O teu IMC é:
A OMS (Organización Mundial da Saúde)
establece como categoría do teu IMC:
SOBREPESO I
Se o teu peso é estable, non padeces ningunha enfermidade asociada á obesidade e non se te acumula graxa no abdome, non é un sobrepeso preocupante. Podes manterte neste peso ou baixar cara un normopeso (IMC = 8,5 – 24,9), sempre e cando manteñas uns hábitos saudables de dieta e exercicio físico. Se algún dos anteriores puntos está presente, pola túa saúde aconsellámoste que perdas uns kilos ata situarte dentro do rango de normopeso.​
​​

< voltar
O teu IMC é:
A OMS (Organización Mundial da Saúde)
establece como categoría do teu IMC:
SOBREPESO II​
​​
Se o teu peso é estable, non padeces ningunha enfermidade asociada á obesidad e non se te acumula graxa no abdome, non é un sobrepeso preocupante. Poder manterte neste peso ou baixar cara normopeso, sempre e cando teñas uns hábitos saudables de dieta e exercicio físico. Se algún dos anteriores puntos está presente, aconsellámoste baixar entre un 5 e un 10% o teu peso, para poder mellorar o teu estado de saúde.​

< voltar
O teu IMC é:
A OMS (Organización Mundial da Saúde)
establece como categoría do teu IMC:
OBESIDADE I​
​​
A obesidade é unha enfermidade crónica que implica un exceso de grasa corporal e un incremento no risco de padecer certas enfermidades e trastornos fisiolóxicos, como a hipertensión arterial, diabetes e dislipemias, entre outras. Se xa padeces algunha enfermidade relacionada coa obesidade, ou se che acumula graxa no abdome, aconsellámoste que baixes de peso, alomenos un 10%. Así, poderás incluir novos hábitos saudables que axudarán a mellorar as patoloxías asociadas á obesidade. Se aínda non padeces estes síntomas, para previr posibles problemas de saúde, recomendámosche baixar de peso entre un 5 e un 10%, e coidar os teus hábitos alimentarios e de práctica regular de exercicio físico.

< voltar
O teu IMC é:
A OMS (Organización Mundial da Saúde)
establece como categoría do teu IMC:
OBESIDADE II​
​​
A obesidade é unha enfermidade crónica que implica un exceso de grasa corporal. E, neste caso, habitualmente vai acompañada dalgunha enfermidade asociada. Se é así, por razons de saúde, é necesario baixar de peso entre un 20 e un 30%, tendo en conta as patoloxías que poidan relacionarse coa obesidade. Así mesmo, é imprescindible establecer uns hábitos saudables alimentarios e de exercicio físico, que se vaian instaurando de xeito progresivo e de por vida. Se, por sorte aínda non padeces algunha enfermidade relacionada coa obesidade e non se che acumula graxa no abdome, comeza baixando un 10% de peso, sen esquecerte da importancia duns bos hábitos.​

< voltar
O teu IMC é:
A OMS (Organización Mundial da Saúde)
establece como categoría do teu IMC:
OBESIDADE III​
​​
A obesidade é unha enfermidade crónica que implica un exceso de graxa corporal. E, neste caso, habitualmente vai acompañada dalgunha enfermidade asociada. Por razons de saúde, é necesario baixar de peso entre un 20 e un 30% do teu peso actual, tendo en conta as patoloxías que poden relacionarse coa obesidade. Asi mesmo, é imprescindible establecer uns hábitos saudables alimentarios e de exercicio físico, que se vaian instaurando de xeito progresivo e de por vida.