Xente con vida

Nenos e mozos 19/03/2012

Principais riscos alimentarios nas etapas preescolar e escolar

Vota:
Resultado:
(0 votos)
Compartir:
O sobrepeso e as deficiencias en determinados nutrientes son os principais riscos alimentarios nas etapas preescolar e escolar.
Sal
Principais riscos alimentarios nas etapas preescolar e escolar
  • A omisión do almorzo, a substitución das merendas por produtos comerciais máis caloríficos ou a inxestión de alimentos e "peteiradas" fóra do horario de comidas, son factores relacionados con máis sobrepeso entre os nenos.
Sobrepeso e obesidade

O consumo de determinados alimentos como doces, lambetadas, "snacks" atractivos, bebidas brandas ou o abuso de preparacións culinarias precociñadas, fritas ou con salsas e aderezos comerciais polo xeral ricos en azucres e graxas, pode favorecer unha inxestión calorífica excesiva, o que implica risco de sobrepeso e obesidade.

adolescente

O seu doado e rápido consumo, a súa atractiva presentación e o seu carácter identificador entre os escolares fanas especialmente atractivas. Polo xeral conteñen unha alta densidade calorífica e unha baixa calidade nutricional. Representan case 1/3 do total das calorías da dieta nos países desenvolvidos e son un factor importante no aumento da prevalencia do sobrepeso, a obesidade e as súas complicacións na idade pediátrica.

Recoméndase ofrecer porcións axeitadas ás súas necesidades xa que existe tendencia a comer todo o que está no prato. O exceso levará consigo tamén un aumento de enerxía.

A omisión do almorzo, a substitución das merendas por produtos comerciais máis calóricos ou a inxestión de alimentos e “peteiradas” fóra do horario de comidas, son factores relacionados con máis sobrepeso entre os nenos.

Na idade preescolar, a diferenza da adulta, somos capaces de responder a sinais internos de apetito e saciedade e non a sinais externos que teñen que ver co horario de comidas ou coa aprendizaxe social. Isto fai que teñan unha gran capacidade de adaptación en canto a cantidades en función da densidade enerxética dos alimentos.

adolescente2

Debe destacarse o feito da influencia cada vez maior e a idades máis temperás dos nenos na elección dos menús familiares e da dispoñibilidade crecente de diñeiro, que lles permite mercar unha parte importante dos alimentos e bebidas que consomen sen control familiar. Esta situación coincide coa perda progresiva do papel dunha supervisión familiar axeitada. Un factor condicionante dos cambios nos hábitos de vida constitúeno a televisión e outras tecnoloxías da comunicación, a información e o coñecemento, que a través da publicidade de alimentos e bebidas, moitos deles con baixo valor nutricional e ricos en calorías, azucre, graxas e sal. O efecto das pantallas e dobre, dun xeito incita á compra e ao consumo dos produtos publicitados tanto estéase fronte a esta como no resto do día, e por outra favorece a inactividade polo que o gasto de calorías é mínimo e as calorías restantes deposítanse no corpo en forma de graxa.

Deficiencias selectivas de determinados nutrientes

A dieta monótona, consumindo só alimentos “preferidos” en detrimento doutros (polo xeral peixes, verduras, legumes, hortalizas e froitas) e a omisión dalgunhas comidas do día, pode favorecer o risco de inxestións inferiores ás recomendadas para determinados nutrientes como vitaminas e minerais como o calcio ou ferro, e/ou compoñentes bioactivos dos alimentos como antioxidantes naturais.

Publicacións relacionadas que poden interesarche:
Deixa un comentario



 

¿Coñeces o teu índice de masa corporal (IMC)?​​

Os comités internacionais de expertos, recomendan o emprego do Índice de Masa Corporal (IMC) como un indicador orientativo do estado nutricional. Introducindo o teu peso e talla poderás coñecer o teu, e descubrir o nosos consellos saudables individualizados para ti.​​

Introduce os teus datos e calcula o teu IMC:

Kg.

m.


< voltar
O teu IMC é:
A OMS (Organización Mundial da Saúde)
establece como categoría do teu IMC:
BAIXO PESO​
​​
Sería convinte subir de peso cara ó rango de normopeso, xa que, contrariamente ó que moita xente pensa, o baixo peso pode ter consecuencias graves para a saúde.

< voltar
O teu IMC é:
A OMS (Organización Mundial da Saúde)
establece como categoría do teu IMC:
NORMOPESO​​
Tenta manter o teu peso actual, xa que te atopas nun peso adecuado para a túa estatura e, sobre todo, procura que os teus hábitos de dieta e exercicio físico sexan saudables.

< voltar
O teu IMC é:
A OMS (Organización Mundial da Saúde)
establece como categoría do teu IMC:
SOBREPESO I
Se o teu peso é estable, non padeces ningunha enfermidade asociada á obesidade e non se te acumula graxa no abdome, non é un sobrepeso preocupante. Podes manterte neste peso ou baixar cara un normopeso (IMC = 8,5 – 24,9), sempre e cando manteñas uns hábitos saudables de dieta e exercicio físico. Se algún dos anteriores puntos está presente, pola túa saúde aconsellámoste que perdas uns kilos ata situarte dentro do rango de normopeso.​
​​

< voltar
O teu IMC é:
A OMS (Organización Mundial da Saúde)
establece como categoría do teu IMC:
SOBREPESO II​
​​
Se o teu peso é estable, non padeces ningunha enfermidade asociada á obesidad e non se te acumula graxa no abdome, non é un sobrepeso preocupante. Poder manterte neste peso ou baixar cara normopeso, sempre e cando teñas uns hábitos saudables de dieta e exercicio físico. Se algún dos anteriores puntos está presente, aconsellámoste baixar entre un 5 e un 10% o teu peso, para poder mellorar o teu estado de saúde.​

< voltar
O teu IMC é:
A OMS (Organización Mundial da Saúde)
establece como categoría do teu IMC:
OBESIDADE I​
​​
A obesidade é unha enfermidade crónica que implica un exceso de grasa corporal e un incremento no risco de padecer certas enfermidades e trastornos fisiolóxicos, como a hipertensión arterial, diabetes e dislipemias, entre outras. Se xa padeces algunha enfermidade relacionada coa obesidade, ou se che acumula graxa no abdome, aconsellámoste que baixes de peso, alomenos un 10%. Así, poderás incluir novos hábitos saudables que axudarán a mellorar as patoloxías asociadas á obesidade. Se aínda non padeces estes síntomas, para previr posibles problemas de saúde, recomendámosche baixar de peso entre un 5 e un 10%, e coidar os teus hábitos alimentarios e de práctica regular de exercicio físico.

< voltar
O teu IMC é:
A OMS (Organización Mundial da Saúde)
establece como categoría do teu IMC:
OBESIDADE II​
​​
A obesidade é unha enfermidade crónica que implica un exceso de grasa corporal. E, neste caso, habitualmente vai acompañada dalgunha enfermidade asociada. Se é así, por razons de saúde, é necesario baixar de peso entre un 20 e un 30%, tendo en conta as patoloxías que poidan relacionarse coa obesidade. Así mesmo, é imprescindible establecer uns hábitos saudables alimentarios e de exercicio físico, que se vaian instaurando de xeito progresivo e de por vida. Se, por sorte aínda non padeces algunha enfermidade relacionada coa obesidade e non se che acumula graxa no abdome, comeza baixando un 10% de peso, sen esquecerte da importancia duns bos hábitos.​

< voltar
O teu IMC é:
A OMS (Organización Mundial da Saúde)
establece como categoría do teu IMC:
OBESIDADE III​
​​
A obesidade é unha enfermidade crónica que implica un exceso de graxa corporal. E, neste caso, habitualmente vai acompañada dalgunha enfermidade asociada. Por razons de saúde, é necesario baixar de peso entre un 20 e un 30% do teu peso actual, tendo en conta as patoloxías que poden relacionarse coa obesidade. Asi mesmo, é imprescindible establecer uns hábitos saudables alimentarios e de exercicio físico, que se vaian instaurando de xeito progresivo e de por vida.