As recomendacións que imos presentar teñen un valor orientador. O seu pediatra é o que mellor coñece a historia médica persoal e familiar do seu fillao, polo que debe ser el quen lle aconselle a mellor maneira de introducir a súa alimentación.
O primeiro ano de vida é un período crítico nutricional, xa que se caracteriza por un crecemento, unha maduración e un desenvolvemento máis rápido que en calquera outra etapa da vida.
A introdución precoz de leite de vaca ou de cabra no primeiro ano de vida supón importantes riscos nutricionais.
Podedes consultar máis información na web: