Xente con vida

Nenos e mozos 19/03/2012

A alimentación nas etapas preescolar e escolar

Vota:
Resultado:
(1 votos)
Compartir:
Infórmate dos obxectivos e características da alimentación nas etapas preescolar e escolar.
100575421.jpg
A alimentación nas etapas preescolar e escolar.
  • A familia xoga un papel fundamental na adquisición de hábitos saudables.
  • Unha dieta familiar saudable, ademais de favorecer a saúde nutricional do neno, constitúe un seguro para cando este se vaia incorporando progresivamente á vida social e escolar fóra do fogar e quede exposto ao modelo de hábitos dietéticos dos seus compañeiros non sempre axustados a un patrón saudable.
  • Na idade preescolar e escolar, a alimentación debe proporcionar a enerxía, os nutrientes e compoñentes bioactivos necesarios para favorecer un crecemento e desenvolvemento óptimos e unha boa saúde. Tamén debe previr enfermidades nutricionais tanto por exceso como por defecto.

    Características desta etapa:
    • Crecemento lento e estable

      Despois do primeiro ano, o ritmo de velocidade de crecemento faise máis lento progresivamente e a ganancia de peso tamén diminúe. Prodúcese un aumento importante das extremidades inferiores e pérdese masa, graxa e auga corporal, mentres que aumenta a masa muscular e se incrementa o depósito de mineral óseo.

    • Adquisición progresiva da madurez biolóxica, psicolóxica e social

      Nestes períodos aumenta a motilidade, a autonomía, a independencia e a curiosidade por todo o que o rodea, sendo a boca un instrumento para satisfacelo.

    Etapa Preescolar

    Neste período a dentición temporal xa apareceu na súa totalidade e o grao de madurez acadado pola maioría dos órganos e sistemas é similar ao do adulto. A regulación do apetito, o desenvolvemento funcional do aparato dixestivo e neuromuscular acadou un nivel de eficiencia que permite que o neno coma só, empregando mellor os utensilios e incorporándose á mesa dos adultos.

    Na etapa preescolar comeza a adquisición dos hábitos alimentarios. Empeza o interese polos alimentos e aparecen as preferencias e aversións alimentarias. Pódense mostrar caprichosos e manifestar pouco apetito. Son monótonos na súa alimentación e a miúdo néganse a probar novos alimentos.

    Aprenden por asociación e imitación dos seus pais e de todo o grupo familiar, o que fai que a familia xogue un papel fundamental na adquisición de hábitos saudables. O sistema de subornos, premios e recompensas podería actuar negativamente na propia regulación da inxestión por parte do neno , así, como unha excesiva permisividade ou autoridade.

    Outro feito a ter presente é que cada vez máis nenos incorpóranse xa no primeiro ano de vida as garderías e posteriormente as escolas infantís. Por tanto, durante unha parte moi importante do día están fóra do fogar, sen a supervisión familiar. Por isto, os pais deben coñecer moi ben que alimentos sólidos e líquidos, que preparacións culinarias se lle ofrecen o seu fillo e que inxestión fixo este tanto en cantidade como en tipo e variedade, co fin de poder complementar os déficits coa comida que fai na casa. Os pais tamén deben preocuparse do grao de actividade física e do tempo de inactividade relacionado coa visión da televisión, videoxogos, etc. que fixeron durante o día.

    Calquera alteración na inxestión do neno debe consultarse co pediatra.

     

    Etapa Escolar

    Na etapa escolar comeza a consolidación dos hábitos alimentarios. A familia segue desempeñando un papel primordial, pero aumentan progresivamente as influencias externas a el, como os compañeiros, a escola, o comedor escolar e a publicidade alimentaria nos medios de comunicación. Por iso é de enorme interese para que o neno alcance uns hábitos saudables o control ou a supervisión dos pais da inxestión de alimentos e bebidas que fai o seu fillo fóra do fogar ou neste sen a súa presenza e da actividade e inactividade física que realiza.

    Unha dieta familiar saudable, ademais de favorecer a saúde nutricional do neno, constitúe un seguro para cando esta se vaia incorporando progresivamente á vida social e escolar fóra do fogar e quede exposta ao modelo de hábitos dietéticos dos seus compañeiros non sempre axustados a un patrón saudable.

    Debemos ter presente que a escolarización, cada vez a unha idade máis temperá, converte a escola nun punto crítico para a correcta alimentación do neno, para a práctica da actividade física e outros hábitos saudables, con repercusión positiva en toda a familia e con efecto duradeiro.

    Publicacións relacionadas que poden interesarche:
    Comentarios (2 respostas)
    • Xente con Vida o 16/07/2013 ás 08:48

      Ola, Pepa. Estamos de acordo en que o traballo conxunto da escola, as familias e a comunidade é esencial á hora de determinar a actitude dos escolares cara á determinados alimentos e o seu consumo. Neste contexto, todos os implicados (as Consellerías de Educación e Ordenación Universitaria e Sanidade, e mais as propias familias) debemos traballar xuntos para garantir un bo estado nutricional xa que é unha etapa decisiva para instaurar os hábitos e comportamentos alimentarios que perdurarán no tempo e se manterán na idade adulta. 

    • Pepa o 11/07/2013 ás 13:14

      E como se come que a Xunta de Galicia estea tan preocupada pola nosa alimentación e ó mesmo tempo estea a eliminar ou privatizar os comedores escolares? Os comedores escolares son o lugar máis axeitado ( as familias cada vez comen menos xuntas debido ós horarios laborais) para que a nosa rapazada aprenda a comer dun xeito equilibrado e san. Este obxectivo forma parte dun ensino público, gratuíto e igualitario. Tamén dicir que nada teñen que ver os menús elaborados nas cociñas dos centros e os que se serven a través de caterings. Que alguén me explique como se come isto e tamén como dixerilo para non empachar.

    Deixa un comentario



     

    ¿Coñeces o teu índice de masa corporal (IMC)?​​

    Os comités internacionais de expertos, recomendan o emprego do Índice de Masa Corporal (IMC) como un indicador orientativo do estado nutricional. Introducindo o teu peso e talla poderás coñecer o teu, e descubrir o nosos consellos saudables individualizados para ti.​​

    Introduce os teus datos e calcula o teu IMC:

    Kg.

    m.


    < voltar
    O teu IMC é:
    A OMS (Organización Mundial da Saúde)
    establece como categoría do teu IMC:
    BAIXO PESO​
    ​​
    Sería convinte subir de peso cara ó rango de normopeso, xa que, contrariamente ó que moita xente pensa, o baixo peso pode ter consecuencias graves para a saúde.

    < voltar
    O teu IMC é:
    A OMS (Organización Mundial da Saúde)
    establece como categoría do teu IMC:
    NORMOPESO​​
    Tenta manter o teu peso actual, xa que te atopas nun peso adecuado para a túa estatura e, sobre todo, procura que os teus hábitos de dieta e exercicio físico sexan saudables.

    < voltar
    O teu IMC é:
    A OMS (Organización Mundial da Saúde)
    establece como categoría do teu IMC:
    SOBREPESO I
    Se o teu peso é estable, non padeces ningunha enfermidade asociada á obesidade e non se te acumula graxa no abdome, non é un sobrepeso preocupante. Podes manterte neste peso ou baixar cara un normopeso (IMC = 8,5 – 24,9), sempre e cando manteñas uns hábitos saudables de dieta e exercicio físico. Se algún dos anteriores puntos está presente, pola túa saúde aconsellámoste que perdas uns kilos ata situarte dentro do rango de normopeso.​
    ​​

    < voltar
    O teu IMC é:
    A OMS (Organización Mundial da Saúde)
    establece como categoría do teu IMC:
    SOBREPESO II​
    ​​
    Se o teu peso é estable, non padeces ningunha enfermidade asociada á obesidad e non se te acumula graxa no abdome, non é un sobrepeso preocupante. Poder manterte neste peso ou baixar cara normopeso, sempre e cando teñas uns hábitos saudables de dieta e exercicio físico. Se algún dos anteriores puntos está presente, aconsellámoste baixar entre un 5 e un 10% o teu peso, para poder mellorar o teu estado de saúde.​

    < voltar
    O teu IMC é:
    A OMS (Organización Mundial da Saúde)
    establece como categoría do teu IMC:
    OBESIDADE I​
    ​​
    A obesidade é unha enfermidade crónica que implica un exceso de grasa corporal e un incremento no risco de padecer certas enfermidades e trastornos fisiolóxicos, como a hipertensión arterial, diabetes e dislipemias, entre outras. Se xa padeces algunha enfermidade relacionada coa obesidade, ou se che acumula graxa no abdome, aconsellámoste que baixes de peso, alomenos un 10%. Así, poderás incluir novos hábitos saudables que axudarán a mellorar as patoloxías asociadas á obesidade. Se aínda non padeces estes síntomas, para previr posibles problemas de saúde, recomendámosche baixar de peso entre un 5 e un 10%, e coidar os teus hábitos alimentarios e de práctica regular de exercicio físico.

    < voltar
    O teu IMC é:
    A OMS (Organización Mundial da Saúde)
    establece como categoría do teu IMC:
    OBESIDADE II​
    ​​
    A obesidade é unha enfermidade crónica que implica un exceso de grasa corporal. E, neste caso, habitualmente vai acompañada dalgunha enfermidade asociada. Se é así, por razons de saúde, é necesario baixar de peso entre un 20 e un 30%, tendo en conta as patoloxías que poidan relacionarse coa obesidade. Así mesmo, é imprescindible establecer uns hábitos saudables alimentarios e de exercicio físico, que se vaian instaurando de xeito progresivo e de por vida. Se, por sorte aínda non padeces algunha enfermidade relacionada coa obesidade e non se che acumula graxa no abdome, comeza baixando un 10% de peso, sen esquecerte da importancia duns bos hábitos.​

    < voltar
    O teu IMC é:
    A OMS (Organización Mundial da Saúde)
    establece como categoría do teu IMC:
    OBESIDADE III​
    ​​
    A obesidade é unha enfermidade crónica que implica un exceso de graxa corporal. E, neste caso, habitualmente vai acompañada dalgunha enfermidade asociada. Por razons de saúde, é necesario baixar de peso entre un 20 e un 30% do teu peso actual, tendo en conta as patoloxías que poden relacionarse coa obesidade. Asi mesmo, é imprescindible establecer uns hábitos saudables alimentarios e de exercicio físico, que se vaian instaurando de xeito progresivo e de por vida.