Non esperes máis e empeza a coidar a túa alimentación cunhas sinxelas recomendacións.
Recomendacións para a muller de 30-50 anos
- Toma máis alimentos de orixe vexetal
- Usa o aceite de oliva tamén para cociñar e fritir
- Consume leite e derivados lácteos
As nosas recomendacións:
- Mantén o teu peso dentro dos límites razoables para a túa idade. Distribúe a inxestión calórica ao longo de todo el día en 4 ou cinco comidas lixeiras. Elixe gran variedade de alimentos pero reduce o tamaño das túas porcións. Evita os alimentos moi densos en azucre e graxas. Os produtos de bolería e os azucres débense evitar ou consumir de forma moi ocasional. Son unha fonte de calorías importante que contribúen ao aumento do peso. Se estás en sobrepeso, déixate aconsellar polo teu médico. Non inicies ningunha dieta sen consultarlle antes.
- Toma máis alimentos de orixe vexetal (variados e de todas as cores) e menos de orixe animal. Prepara máis pratos combinando legumes (garavanzos, lentellas e fabas) e hortalizas (cenorias, cebolas, tomates, pementos, allo) polo menos 2 veces á semana. Recorda que os alimentos vexetais diminúen o risco de padecer algúns tipos de cancro, retrasan o envellecemento, evitan carencias vitamínicas e contribúen a evitar o estrinximento.
- Consume leite e derivados lácteos. Se estás preto da menopausa toma 5 vasos diarios de leite o seu equivalente en iogures. Consume leite baixo en graxa. Os queixos graxos, de untar, as salsas, os produtos de repostería comercial e precociñada deben ser de consumo ocasional. Recorda que o calcio é un mineral fundamental para a formación e mantemento dos osos e dos dentes. Na idade próxima á menopausa pérdese moito calcio, que se non se repón pode favorecer o desenvolvemento de osteoporose.
- Usa o aceite de oliva tamén para cociñar e fritir, ademais de como aliño nas ensaladas.
- Consume máis pescado que carne. Toma polo menos 2 porcións de pescado azul á semana. Recorda que o pescado proporciona proteínas de alta calidade, vitaminas e minerais moi necesarios para a súa saúde. Ademais, a súa graxa é moi beneficiosa para previr as enfermidades cardiovasculares.
- Prefire cortes magros de carne. Compra menos carnes vermellas, embutidos, friames e outros derivados cárnicos preparados en salgadura, ou afumados. Conserva as carnes frescas polo método de conxelación.
- Reduce progresivamente a sal que engades aos teus pratos Limita as conservas, alimentos precociñados, caldos e salsas comerciais. Aliña os teus pratos con herbas aromáticas, limón e outros produtos naturais.
- Os cereais, as patacas, as hortalizas e legumes deben ser a base da alimentación e consumirse a diario. Consume máis pan, arroz e pasta de variedade integral. A súa calidade nutricional é máis alta que os produtos elaborados con fariñas refinadas.
- Mantén un adecuado nivel de hidratación. . Toma auga abundante, infusións ou zumes de froitas naturais. Evita as bebidas azucradas e os refrescos.
Recomendacións especiais
- • Se pensas quedar embarazada, acode ao teu médico para que che receite ácido fólico uns meses antes do embarazo xa que se demostrou que prevén as malformacións nerviosas do feto.
- • Se habitualmente ten regras abundantes, tal vez necesites suplementos de ferro. Acode ao teu médico e coméntallo.
Publicacións relacionadas que poden interesarte: