Xente con vida

Aprende a sentirte ben 19/05/2016

Aditivos alimentarios II

Vota:
Resultado:
(0 votos)
Compartir:

Os aditivos alimentarios son sustancias que normalmente non se consumen como alimentos en si mesmos, se non que se engaden intencionadamente cun fin tecnolóxico (para mellorar o seu aspecto, textura, resistencia aos microorganismos, etc.) en distintas etapas da súa fabricación, transporte ou almacenamento. O fin tecnolóxico debe quedar perfectamente xustificado de xeito que quede demostrado que non se pode conseguir o efecto desexado por outros medios, económica e tecnoloxicamente viables.

Aditivos  

Os aditivos alimentarios úsanse para diferentes fins e agrúpanse en 27 clases distintas en función das súas propiedades: edulcorantes, colorantes, conservantes, antioxidantes, emulxentes, espesantes, etc.

A industria alimentaria coa elaboración e utilización de aditivos, responde á demanda dos consumidores para dispoñer dunha ampla variedade de alimentos e en diferentes épocas do ano.

As políticas comunitarias garanten un nivel elevado de protección da vida e da saúde das persoas polo que, antes da posta no mercado dos aditivos alimentarios, avalíase a inocuidade da súa utilización e garántese que os niveis permitidos son os mínimos que se necesitan para conseguir o efecto tecnolóxico desexado.

Antes de que un aditivo sexa aceptado para alimentación é sometido a unhas probas de avaliación toxicolóxica para determinar os posibles efectos nocivos. Todos os aditivos que se usan na Unión Europea son avaliados de forma expresa coa finalidade de comprobar se cumpren cos criterios establecidos pola regulamentación, é dicir, as cantidades utilizadas deben ser seguras, responder a unha necesidade tecnolóxica, non inducir a erro ao consumidor e aportarlle un beneficio.

A Autoridade Europea de Seguridade Alimentaria é a que emite o ditame de conformidade de se un aditivo concreto é seguro ou non para os consumidores e para iso ten en conta os estudos toxicolóxicos e, entre outros factores, a avaliación da exposición a través da dieta. Isto leva implícito que o nivel de uso proposto non exceda do menor nivel necesario para asegurar os resultados desexables no proceso de fabricación do alimento.

Para a autorización tamén se teñen en conta outros factores como sociais, tradicionais, éticos e ambientais así como, para establecer os niveis máximos de uso, factores como a inxestión do aditivo por outras fontes.

Os únicos aditivos que se poden comercializar e utilizar na Unión Europea son os que figuran nas listas positivas publicadas no seu Diario Oficial e nas que se listan os aditivos (nome e o seu número E), os alimentos nos que se poden utilizar e as doses máximas establecidas.

Etiqueta


A nivel europeo existe un procedemento establecido para a avaliación e autorización destas sustancias, precedido dunha determinación científica independente realizada ao nivel máis elevado posible do risco que presentan para a saúde humana.

Os aditivos, unha vez autorizados, mantéñense en observación permanente e serán avaliados novamente sempre que sexa necesario, tendo en conta as variacións das condicións de uso e os novos datos científicos.

Os aditivos úsanse con fins distintos. A lexislación da Unión Europea define, entre outras, as seguintes clases funcionais:

  • Edulcorantes: sustancias que se empregan para dar un sabor doce aos alimentos ou en edulcorantes de mesa.
  • Colorantes: sustancias que dan cor a un alimento ou lle devolven a súa cor orixinal; poden ser compoñentes naturais dos alimentos e sustancias naturais que normalmente non se consumen como alimentos en sí mesmas nin se empregan como ingredientes característicos dos alimentos.
  • Conservadores: sustancias que prolongan a vida útil dos alimentos protexéndoos do deterioro causado por microorganismos ou que protexen do crecemento de microorganismos patóxenos.
  • Antioxidantes: sustancias que prolongan a vida útil dos alimentos protexéndoos do deterioro causado pola oxidación, como o enranciamento das graxas e os cambios de cor.
  • Gelificantes: sustancias que dan textura a un produto alimenticio mediante a formación dun xel.
  • Espesantes: sustancias que aumentan a viscosidade dun alimento.
  • Potenciadores do sabor: sustancias que realzan o sabor ou o aroma.

Moi raramente os aditivos alimentarios poden causar reaccións alérxicas; neste senso os máis habituais son os seguintes:

  • Sulfitos: poden causar problemas en persoas sensibles, especialmente en persoas asmáticas.
  • Certos colorantes, como por exemplo a carmina (E 120 ou cochinilla vermella) ou a tartracina (E 102), poden causar reaccións alérxicas en persoas sensibles, producindo conxestión nasal ou urticaria.

A maioría dos efectos secundarios causados polos aditivos alimenticios, soen ser debidos a unha maior sensibilidade da persoa aos mesmos ou ben por un consumo excesivo de alimentos ou produtos alimenticios con presenza dos aditivos. Tal é o caso do consumo excesivo de goma de mascar sen azucre, xa que polo seu contido en sorbitol pode provocar diarreas.

Para a identificación dos aditivos séguese a numeración asignada pola Unión Europea, que vai precedida pola letra E (de Europa) e un número que indica o tipo e a función do aditivo.

Tabla

FONTES

Deixa un comentario



 

¿Coñeces o teu índice de masa corporal (IMC)?​​

Os comités internacionais de expertos, recomendan o emprego do Índice de Masa Corporal (IMC) como un indicador orientativo do estado nutricional. Introducindo o teu peso e talla poderás coñecer o teu, e descubrir o nosos consellos saudables individualizados para ti.​​

Introduce os teus datos e calcula o teu IMC:

Kg.

m.


< voltar
O teu IMC é:
A OMS (Organización Mundial da Saúde)
establece como categoría do teu IMC:
BAIXO PESO​
​​
Sería convinte subir de peso cara ó rango de normopeso, xa que, contrariamente ó que moita xente pensa, o baixo peso pode ter consecuencias graves para a saúde.

< voltar
O teu IMC é:
A OMS (Organización Mundial da Saúde)
establece como categoría do teu IMC:
NORMOPESO​​
Tenta manter o teu peso actual, xa que te atopas nun peso adecuado para a túa estatura e, sobre todo, procura que os teus hábitos de dieta e exercicio físico sexan saudables.

< voltar
O teu IMC é:
A OMS (Organización Mundial da Saúde)
establece como categoría do teu IMC:
SOBREPESO I
Se o teu peso é estable, non padeces ningunha enfermidade asociada á obesidade e non se te acumula graxa no abdome, non é un sobrepeso preocupante. Podes manterte neste peso ou baixar cara un normopeso (IMC = 8,5 – 24,9), sempre e cando manteñas uns hábitos saudables de dieta e exercicio físico. Se algún dos anteriores puntos está presente, pola túa saúde aconsellámoste que perdas uns kilos ata situarte dentro do rango de normopeso.​
​​

< voltar
O teu IMC é:
A OMS (Organización Mundial da Saúde)
establece como categoría do teu IMC:
SOBREPESO II​
​​
Se o teu peso é estable, non padeces ningunha enfermidade asociada á obesidad e non se te acumula graxa no abdome, non é un sobrepeso preocupante. Poder manterte neste peso ou baixar cara normopeso, sempre e cando teñas uns hábitos saudables de dieta e exercicio físico. Se algún dos anteriores puntos está presente, aconsellámoste baixar entre un 5 e un 10% o teu peso, para poder mellorar o teu estado de saúde.​

< voltar
O teu IMC é:
A OMS (Organización Mundial da Saúde)
establece como categoría do teu IMC:
OBESIDADE I​
​​
A obesidade é unha enfermidade crónica que implica un exceso de grasa corporal e un incremento no risco de padecer certas enfermidades e trastornos fisiolóxicos, como a hipertensión arterial, diabetes e dislipemias, entre outras. Se xa padeces algunha enfermidade relacionada coa obesidade, ou se che acumula graxa no abdome, aconsellámoste que baixes de peso, alomenos un 10%. Así, poderás incluir novos hábitos saudables que axudarán a mellorar as patoloxías asociadas á obesidade. Se aínda non padeces estes síntomas, para previr posibles problemas de saúde, recomendámosche baixar de peso entre un 5 e un 10%, e coidar os teus hábitos alimentarios e de práctica regular de exercicio físico.

< voltar
O teu IMC é:
A OMS (Organización Mundial da Saúde)
establece como categoría do teu IMC:
OBESIDADE II​
​​
A obesidade é unha enfermidade crónica que implica un exceso de grasa corporal. E, neste caso, habitualmente vai acompañada dalgunha enfermidade asociada. Se é así, por razons de saúde, é necesario baixar de peso entre un 20 e un 30%, tendo en conta as patoloxías que poidan relacionarse coa obesidade. Así mesmo, é imprescindible establecer uns hábitos saudables alimentarios e de exercicio físico, que se vaian instaurando de xeito progresivo e de por vida. Se, por sorte aínda non padeces algunha enfermidade relacionada coa obesidade e non se che acumula graxa no abdome, comeza baixando un 10% de peso, sen esquecerte da importancia duns bos hábitos.​

< voltar
O teu IMC é:
A OMS (Organización Mundial da Saúde)
establece como categoría do teu IMC:
OBESIDADE III​
​​
A obesidade é unha enfermidade crónica que implica un exceso de graxa corporal. E, neste caso, habitualmente vai acompañada dalgunha enfermidade asociada. Por razons de saúde, é necesario baixar de peso entre un 20 e un 30% do teu peso actual, tendo en conta as patoloxías que poden relacionarse coa obesidade. Asi mesmo, é imprescindible establecer uns hábitos saudables alimentarios e de exercicio físico, que se vaian instaurando de xeito progresivo e de por vida.