Para saber que alimentos son os máis axeitados ás nosas necesidades debemos saber primeiro a súa composición. A etiqueta nutricional axudaranos nesta importante tarefa.
As etiquetas de alimentos móstrannos, ademais de información sobre a súa orixe, elaboración e contido, datos de interese nutricional.
A etiqueta nutricional dun produto infórmanos do seu contido en nutrientes, permítenos comparar o valor nutritivo de varios alimentos e adecuar as eleccións ás nosas necesidades particulares (p. ex.: Hipertensión arterial e elección de produtos baixos en sodio).
Recorda que: