Xente con vida

Aprende a sentirte ben 19/03/2012

A etiquetaxe dos alimentos

Vota:
Resultado:
(2 votos)
Compartir:
A etiquetaxe alimentaria é un xeito de que obteñamos información sobre os alimentos que queremos comprar.
FD005285.jpg
A etiquetaxe dos alimentos
  • Os alimentos perecedoiros mostran unha data de caducidade no envase e non deben consumirse despois desta data xa que podería supoñer un risco para a saúde.
  • Certos produtos alimentarios requiren instrucións de almacenamento.
  • As advertencias sobre alerxias mencionadas nas etiquetas alimentarias axudan aos consumidores afectados a evitar eses alérxenos en caso de estar presentes.

Se seguimos correctamente a información que aparece nas etiquetas (como as datas de caducidade, instrucións de manipulación e advertencias relacionadas con alerxias), podemos evitar enfermidades transmitidas por alimentos e reaccións alérxicas innecesarias.

As datas de caducidade
etiqueta

Os alimentos perecedoiros dende o punto de vista microbiolóxico (como as comidas e ensaladas precociñadas) mostran unha data de caducidade no envase e non deben consumirse despois desta data xa que podería supoñer un risco para a saúde. Moitos alimentos mostran unha data de consumo preferente que indica a "durabilidade mínima" ou o período durante o cal o alimento conserva as súas propiedades específicas se se almacena en condicións óptimas. Pasada a devandita data, o fabricante non garante as propiedades sensoriais do mesmo (tales como sabor, olor, aparencia, etc.).

Información sobre almacenamento, preparación e forma de cocción

Certos produtos alimentarios requiren instrucións de almacenamento, para garantir unha manipulación apropiada por parte dos consumidores e evitar o desenvolvemento de bacterias que producen intoxicacións alimentarias, como a Salmonella e a Listeria. Estas instrucións tamén poden indicar como debe almacenarse o produto unha vez que se abre o envase ou paquete; por exemplo, "Conservar en frío unha vez aberto".

Advertencias sobre alerxias
etiqueta

As advertencias sobre alerxias mencionadas nas etiquetas alimentarias axudan aos consumidores afectados a evitar eses alérxenos en caso de estar presentes. De momento, a lexislación da UE esixe que as etiquetas inclúan 14 substancias que son alérxenos coñecidos e relativamente comúns en caso de estar presentes no produto. Unicamente no caso de alerxias ou intolerancias específicas se debe mencionar a ausencia (ex. Sen glute).

Fuente: Consello Europeo de Información sobre a Alimentación

Deixa un comentario



 

¿Coñeces o teu índice de masa corporal (IMC)?​​

Os comités internacionais de expertos, recomendan o emprego do Índice de Masa Corporal (IMC) como un indicador orientativo do estado nutricional. Introducindo o teu peso e talla poderás coñecer o teu, e descubrir o nosos consellos saudables individualizados para ti.​​

Introduce os teus datos e calcula o teu IMC:

Kg.

m.


< voltar
O teu IMC é:
A OMS (Organización Mundial da Saúde)
establece como categoría do teu IMC:
BAIXO PESO​
​​
Sería convinte subir de peso cara ó rango de normopeso, xa que, contrariamente ó que moita xente pensa, o baixo peso pode ter consecuencias graves para a saúde.

< voltar
O teu IMC é:
A OMS (Organización Mundial da Saúde)
establece como categoría do teu IMC:
NORMOPESO​​
Tenta manter o teu peso actual, xa que te atopas nun peso adecuado para a túa estatura e, sobre todo, procura que os teus hábitos de dieta e exercicio físico sexan saudables.

< voltar
O teu IMC é:
A OMS (Organización Mundial da Saúde)
establece como categoría do teu IMC:
SOBREPESO I
Se o teu peso é estable, non padeces ningunha enfermidade asociada á obesidade e non se te acumula graxa no abdome, non é un sobrepeso preocupante. Podes manterte neste peso ou baixar cara un normopeso (IMC = 8,5 – 24,9), sempre e cando manteñas uns hábitos saudables de dieta e exercicio físico. Se algún dos anteriores puntos está presente, pola túa saúde aconsellámoste que perdas uns kilos ata situarte dentro do rango de normopeso.​
​​

< voltar
O teu IMC é:
A OMS (Organización Mundial da Saúde)
establece como categoría do teu IMC:
SOBREPESO II​
​​
Se o teu peso é estable, non padeces ningunha enfermidade asociada á obesidad e non se te acumula graxa no abdome, non é un sobrepeso preocupante. Poder manterte neste peso ou baixar cara normopeso, sempre e cando teñas uns hábitos saudables de dieta e exercicio físico. Se algún dos anteriores puntos está presente, aconsellámoste baixar entre un 5 e un 10% o teu peso, para poder mellorar o teu estado de saúde.​

< voltar
O teu IMC é:
A OMS (Organización Mundial da Saúde)
establece como categoría do teu IMC:
OBESIDADE I​
​​
A obesidade é unha enfermidade crónica que implica un exceso de grasa corporal e un incremento no risco de padecer certas enfermidades e trastornos fisiolóxicos, como a hipertensión arterial, diabetes e dislipemias, entre outras. Se xa padeces algunha enfermidade relacionada coa obesidade, ou se che acumula graxa no abdome, aconsellámoste que baixes de peso, alomenos un 10%. Así, poderás incluir novos hábitos saudables que axudarán a mellorar as patoloxías asociadas á obesidade. Se aínda non padeces estes síntomas, para previr posibles problemas de saúde, recomendámosche baixar de peso entre un 5 e un 10%, e coidar os teus hábitos alimentarios e de práctica regular de exercicio físico.

< voltar
O teu IMC é:
A OMS (Organización Mundial da Saúde)
establece como categoría do teu IMC:
OBESIDADE II​
​​
A obesidade é unha enfermidade crónica que implica un exceso de grasa corporal. E, neste caso, habitualmente vai acompañada dalgunha enfermidade asociada. Se é así, por razons de saúde, é necesario baixar de peso entre un 20 e un 30%, tendo en conta as patoloxías que poidan relacionarse coa obesidade. Así mesmo, é imprescindible establecer uns hábitos saudables alimentarios e de exercicio físico, que se vaian instaurando de xeito progresivo e de por vida. Se, por sorte aínda non padeces algunha enfermidade relacionada coa obesidade e non se che acumula graxa no abdome, comeza baixando un 10% de peso, sen esquecerte da importancia duns bos hábitos.​

< voltar
O teu IMC é:
A OMS (Organización Mundial da Saúde)
establece como categoría do teu IMC:
OBESIDADE III​
​​
A obesidade é unha enfermidade crónica que implica un exceso de graxa corporal. E, neste caso, habitualmente vai acompañada dalgunha enfermidade asociada. Por razons de saúde, é necesario baixar de peso entre un 20 e un 30% do teu peso actual, tendo en conta as patoloxías que poden relacionarse coa obesidade. Asi mesmo, é imprescindible establecer uns hábitos saudables alimentarios e de exercicio físico, que se vaian instaurando de xeito progresivo e de por vida.