Xente con vida

Aprende a sentirte ben 18/04/2013

Menús saudables ricos en fibra

Vota:
Resultado:
(33 votos)
Compartir:
A fibra é un compoñente esencial dentro dunha dieta saudable. A inxestión diaria de fibra proporciona moitos efectos beneficiosos ao noso organismo, contribúe ao mantemento da saúde e prevén a aparición de distintas enfermidades.
Menús saudables ricos en fibra
Menús saudables ricos en fibra
  • Descarga a nosa publicación "Menús saudables ricos en fibra", con 20 propostas de menús diarios completos ricos en fibra e as receitas para preparalos.

A fibra alimentaria está formada por partes comestibles das plantas, que o noso intestino delgado é incapaz de asimilar, e que chegan intactas ao intestino groso onde é fermentada total ou parcialmente polas bacterias intestinais. Durante este proceso fórmanse varios produtos. A acción combinada de todos eles produce efectos beneficiosos como a regulación da función intestinal e dos niveis de glicosa e de colesterol.

Para beneficiarse de todos os efectos dos diferentes tipos de fibra cómpre variar as súas fontes. Como se atopa en alimentos de orixe vexetal como froitas, verduras, hortalizas ou cereais integrais, cada un deles achega outros nutrientes e compoñentes bioactivos determinantes dun óptimo estado de saúde.

Coa colaboración dos alumnos e profesores do Centro Integrado de Formación Profesional Compostela, elaboramos a publicación Menús saudables ricos en fibra. Esta guía recolle 20 propostas diferentes de menús diarios completos, cun alto contido en fibra, que inclúen: almorzo, parva ou media mañá, comida, merenda e cea. Tamén encontrarás información sobre os alimentos e o seu contido en fibra, recomendacións para incrementar o contido de fibra na dieta, a pirámide do benestar dixestivo e 20 receitas coas súas correspondentes fotografías.

Menús saudables ricos en fibra

Descarga o PDF da publicación coas propostas de menús completos para cada día.

Guía menús saudables ricos en fibra

​​​​​
Comentarios (4 respostas)
  • angeles o 26/04/2013 ás 00:23

    Encántanme as filloas con fresas e piña, que postres podías facer.

  • Jose Luis Martín Bedate o 25/04/2013 ás 16:35

    Muy bonito diseño y de muy buen gusto, así solo verlo da ganas de comer mejor. Felicidades

  • Xente con Vida o 25/04/2013 ás 08:38

    Hola, María del Carmen. Combinar una dieta saludable con 30 minutos de actividad física cada día son la clave para el control de peso. Si como dices, te fatigas dando un paseo y subiendo las escaleras hasta tu domicilio, te recomendamos que acudas a tu médico de familia para consultarle tu situación. En nuestra web encontrarás pautas para llevar una alimentación sana y baja en grasas y, en breve, también incorporaremos consejos sobre actividad física que te serán de ayuda. No te desanimes, ya verás como aplicando las pautas que te aconseje tu médico obtendrás resultados. Un saludo.

Deixa un comentario



 

¿Coñeces o teu índice de masa corporal (IMC)?​​

Os comités internacionais de expertos, recomendan o emprego do Índice de Masa Corporal (IMC) como un indicador orientativo do estado nutricional. Introducindo o teu peso e talla poderás coñecer o teu, e descubrir o nosos consellos saudables individualizados para ti.​​

Introduce os teus datos e calcula o teu IMC:

Kg.

m.


< voltar
O teu IMC é:
A OMS (Organización Mundial da Saúde)
establece como categoría do teu IMC:
BAIXO PESO​
​​
Sería convinte subir de peso cara ó rango de normopeso, xa que, contrariamente ó que moita xente pensa, o baixo peso pode ter consecuencias graves para a saúde.

< voltar
O teu IMC é:
A OMS (Organización Mundial da Saúde)
establece como categoría do teu IMC:
NORMOPESO​​
Tenta manter o teu peso actual, xa que te atopas nun peso adecuado para a túa estatura e, sobre todo, procura que os teus hábitos de dieta e exercicio físico sexan saudables.

< voltar
O teu IMC é:
A OMS (Organización Mundial da Saúde)
establece como categoría do teu IMC:
SOBREPESO I
Se o teu peso é estable, non padeces ningunha enfermidade asociada á obesidade e non se te acumula graxa no abdome, non é un sobrepeso preocupante. Podes manterte neste peso ou baixar cara un normopeso (IMC = 8,5 – 24,9), sempre e cando manteñas uns hábitos saudables de dieta e exercicio físico. Se algún dos anteriores puntos está presente, pola túa saúde aconsellámoste que perdas uns kilos ata situarte dentro do rango de normopeso.​
​​

< voltar
O teu IMC é:
A OMS (Organización Mundial da Saúde)
establece como categoría do teu IMC:
SOBREPESO II​
​​
Se o teu peso é estable, non padeces ningunha enfermidade asociada á obesidad e non se te acumula graxa no abdome, non é un sobrepeso preocupante. Poder manterte neste peso ou baixar cara normopeso, sempre e cando teñas uns hábitos saudables de dieta e exercicio físico. Se algún dos anteriores puntos está presente, aconsellámoste baixar entre un 5 e un 10% o teu peso, para poder mellorar o teu estado de saúde.​

< voltar
O teu IMC é:
A OMS (Organización Mundial da Saúde)
establece como categoría do teu IMC:
OBESIDADE I​
​​
A obesidade é unha enfermidade crónica que implica un exceso de grasa corporal e un incremento no risco de padecer certas enfermidades e trastornos fisiolóxicos, como a hipertensión arterial, diabetes e dislipemias, entre outras. Se xa padeces algunha enfermidade relacionada coa obesidade, ou se che acumula graxa no abdome, aconsellámoste que baixes de peso, alomenos un 10%. Así, poderás incluir novos hábitos saudables que axudarán a mellorar as patoloxías asociadas á obesidade. Se aínda non padeces estes síntomas, para previr posibles problemas de saúde, recomendámosche baixar de peso entre un 5 e un 10%, e coidar os teus hábitos alimentarios e de práctica regular de exercicio físico.

< voltar
O teu IMC é:
A OMS (Organización Mundial da Saúde)
establece como categoría do teu IMC:
OBESIDADE II​
​​
A obesidade é unha enfermidade crónica que implica un exceso de grasa corporal. E, neste caso, habitualmente vai acompañada dalgunha enfermidade asociada. Se é así, por razons de saúde, é necesario baixar de peso entre un 20 e un 30%, tendo en conta as patoloxías que poidan relacionarse coa obesidade. Así mesmo, é imprescindible establecer uns hábitos saudables alimentarios e de exercicio físico, que se vaian instaurando de xeito progresivo e de por vida. Se, por sorte aínda non padeces algunha enfermidade relacionada coa obesidade e non se che acumula graxa no abdome, comeza baixando un 10% de peso, sen esquecerte da importancia duns bos hábitos.​

< voltar
O teu IMC é:
A OMS (Organización Mundial da Saúde)
establece como categoría do teu IMC:
OBESIDADE III​
​​
A obesidade é unha enfermidade crónica que implica un exceso de graxa corporal. E, neste caso, habitualmente vai acompañada dalgunha enfermidade asociada. Por razons de saúde, é necesario baixar de peso entre un 20 e un 30% do teu peso actual, tendo en conta as patoloxías que poden relacionarse coa obesidade. Asi mesmo, é imprescindible establecer uns hábitos saudables alimentarios e de exercicio físico, que se vaian instaurando de xeito progresivo e de por vida.