Xente con vida

Aprende a sentirte ben 01/03/2016

Os amorodos, propiedades e beneficios

Vota:
Resultado:
(366 votos)
Compartir:
XCV_ART20_PORTADA

Queres coñecer as propiedades e os beneficios dos amorodos? Neste artigo poderás saber máis deste froito rico e saudable para toda a familia. Dependendo da variedade, as amorodeiras florecen de finais do inverno ao comezo do verán, de xeito que os froitos maduran durante toda a primavera e ben entrado o verán, de marzo a xullo. Xa podemos gozar dos amorodos nos nosos menús diarios, a continuación aportámosche unha serie de ideas para que aproveites todos os seus beneficios.

Propiedades e beneficios dos amorodos:
  • Os amorodos son froitas cun aporte calórico baixo que está constituído, na súa maioría, por hidratos de carbono.
  • Son unha boa fonte de fibra, da cal a maior parte é fibra insoluble.
  • Teñen un un alto contenido de vitamina C, incluso maior que o da laranxa. Unha porción media de amorodos (100 g) cubre as necesidades diarias desta vitamina.
  • É unha das froitas que proporciona máis ácido fólico.
  • Son ricos en ferro, iodo, calcio, fósforo, magnesio e potasio. Ademais, están indicados para persoas con hipertensión arterial, xa que teñen un baixo contido en sodio e alto en potasio.
  • Os amorodos conteñen varios ácidos orgánicos que axudan a aumentar a acción da vitamina C e teñen certa acción antiinflamatoria, anticoagulante e desinfectante.
  • A cor do amorodo é debida a uns pigmentos vexetais que actúan como poderosos antioxidantes. De feito, son un dos froitos con maior capacidade antioxidante. Isto quere dicir que teñen un efecto protector significativo sobre a saúde, xa que diminúen a acumulación de colesterol nas arterias e protexen contra certas mutacións canceríxenas. Tamén poden axudar a retardar o envellecemento das células.
Como elixilas e conservalas?
XCV_ART20_FRESAS_GAL

 

Dependendo da variedade, as amorodeiras florecen de finais do inverno ao comezo do verán, de xeito que os froitos maduran durante toda a primavera e ben entrado o verán, de marzo a xullo. A calor, o transporte e a humidade fan que se deterioren con facilidade polo que é preferible conservalas en lugares secos, frescos, ventilados e escuros, o máis esparexidas posible nunha fonte ou un prato. En estas condicións pódense conservar ata 4-5 días. Non deben lavarse ata o último momento.

Por esta razón é importante que, cando compremos amorodos, seleccionemos a cantidade axeitada para o número de persoas que as van a consumir debido a que son un produto moi perecedoiro e teremos que desbotar o exceso, de ser o caso.

Deben comprarse cos tallos intactos e non se deben cortar ata que estean lavados para mellorar a súa conservación.

Como podemos comer amorodos?

Os amorodos son un alimento delicioso ao natural e o normal é tomalas crúas. Tamén se poden tomar espolvoreadas con un toque de pementa ou servidas con zume de laranxa, limón ou un vinagre balsámico para realzar o seu sabor.

Ademais pódense realizar algunhas receitas saudables con amorodos:

Ideas para a merenda

Batidos:

XCV_ART20_BATIDOS_GAL
Zume de amorodos e laranxa:
Ingredientes (para 4 persoas): XCV_ART20_CIRCULO1_GAL
  • Unha terrina de amorodos (500g).
  • 3 vasos de zume de laranxa (600g).
  • Un chisco de canela (opcional).

Preparación:

Lavamos os amorodos, quitámoslles as follas, cortámolos e introducímolos na picadora cun pouco de auga para que non resulte nunha mestura grumosa. Engadimos o zume de laranxa e a canela e removemos ata que sexa homoxéneo.

Pasamos a mestura por un coador chino para evitar os grumos e servimos ao momento.

Arroz con leite e amorodos:
Ingredientes (para 4 persoas): XCV_ART20_CÍRCULO2_GAL
  • 1L de leite desnatado.
  • Medio vaso de arroz (100g).
  • Un pouco de auga.
  • Cáscara de medio limón.
  • Unha rama de canela.
  • 8-10 amorodos (200g).
  • Canela moída.

Preparación:

Introducimos o arroz e a auga nunha pota a lume forte ata que ferva, engadimos a metade dos amorodos previamente lavados, sen talos e cortados en anacos, o leite, a cáscara de limón e a canela e cocémolo a lume forte mentres removemos sen parar.

Cando o arroz estea no seu punto agregamos o resto dos amorodos e deixamos arrefriar ata servir.

Ideas para entrantes

Ensalada de leituga con amorodos, piña e mazá.

Ingredientes para 4 persoas): XCV_ART20_CÍRCULO3_GAL
  • Unha leituga pequena (200g).
  • Unha cenoria (100g).
  • 3-4 amorodos (50g).
  • 2 rebandas de piña (100g).
  • 2 mazás Golden (300g).
  • 6 culleradas sopeiras de aceite de oliva virxe extra.
  • 2 culleradas sopeiras de vinagre.
  • Pirixel.
  • Un chisco de sal.

Preparación:

Lavamos a leituga, as mazás e os amorodos con auga, escorrémolas ben e cortamos a froita en cadradiños e a leituga en tiras.

Pelamos a cenoria e raiámola en tiras. Eliminamos as partes non comestibles da piña e cortámola en triángulos.

Mesturamos o aceite, o vinagre, o sal e o perexil ata que obteñamos unha vinagreta homoxénea.

Montamos a ensalada, aliñamos e servimos no momento.

Lembra:

1. Consume 3 ou máis froitas ao día.

2. Toma froitas variadas e con distintas cores para garantir así un aporte nutritivo axeitado.

3. Procura tomar sempre froitas de tempada.

Fontes
  • Equipo Xente con Vida
 
Comentarios (1 respostas)
  • Fabián o 10/03/2016 ás 11:28

    Esta ben sabelo.

Deixa un comentario



 

¿Coñeces o teu índice de masa corporal (IMC)?​​

Os comités internacionais de expertos, recomendan o emprego do Índice de Masa Corporal (IMC) como un indicador orientativo do estado nutricional. Introducindo o teu peso e talla poderás coñecer o teu, e descubrir o nosos consellos saudables individualizados para ti.​​

Introduce os teus datos e calcula o teu IMC:

Kg.

m.


< voltar
O teu IMC é:
A OMS (Organización Mundial da Saúde)
establece como categoría do teu IMC:
BAIXO PESO​
​​
Sería convinte subir de peso cara ó rango de normopeso, xa que, contrariamente ó que moita xente pensa, o baixo peso pode ter consecuencias graves para a saúde.

< voltar
O teu IMC é:
A OMS (Organización Mundial da Saúde)
establece como categoría do teu IMC:
NORMOPESO​​
Tenta manter o teu peso actual, xa que te atopas nun peso adecuado para a túa estatura e, sobre todo, procura que os teus hábitos de dieta e exercicio físico sexan saudables.

< voltar
O teu IMC é:
A OMS (Organización Mundial da Saúde)
establece como categoría do teu IMC:
SOBREPESO I
Se o teu peso é estable, non padeces ningunha enfermidade asociada á obesidade e non se te acumula graxa no abdome, non é un sobrepeso preocupante. Podes manterte neste peso ou baixar cara un normopeso (IMC = 8,5 – 24,9), sempre e cando manteñas uns hábitos saudables de dieta e exercicio físico. Se algún dos anteriores puntos está presente, pola túa saúde aconsellámoste que perdas uns kilos ata situarte dentro do rango de normopeso.​
​​

< voltar
O teu IMC é:
A OMS (Organización Mundial da Saúde)
establece como categoría do teu IMC:
SOBREPESO II​
​​
Se o teu peso é estable, non padeces ningunha enfermidade asociada á obesidad e non se te acumula graxa no abdome, non é un sobrepeso preocupante. Poder manterte neste peso ou baixar cara normopeso, sempre e cando teñas uns hábitos saudables de dieta e exercicio físico. Se algún dos anteriores puntos está presente, aconsellámoste baixar entre un 5 e un 10% o teu peso, para poder mellorar o teu estado de saúde.​

< voltar
O teu IMC é:
A OMS (Organización Mundial da Saúde)
establece como categoría do teu IMC:
OBESIDADE I​
​​
A obesidade é unha enfermidade crónica que implica un exceso de grasa corporal e un incremento no risco de padecer certas enfermidades e trastornos fisiolóxicos, como a hipertensión arterial, diabetes e dislipemias, entre outras. Se xa padeces algunha enfermidade relacionada coa obesidade, ou se che acumula graxa no abdome, aconsellámoste que baixes de peso, alomenos un 10%. Así, poderás incluir novos hábitos saudables que axudarán a mellorar as patoloxías asociadas á obesidade. Se aínda non padeces estes síntomas, para previr posibles problemas de saúde, recomendámosche baixar de peso entre un 5 e un 10%, e coidar os teus hábitos alimentarios e de práctica regular de exercicio físico.

< voltar
O teu IMC é:
A OMS (Organización Mundial da Saúde)
establece como categoría do teu IMC:
OBESIDADE II​
​​
A obesidade é unha enfermidade crónica que implica un exceso de grasa corporal. E, neste caso, habitualmente vai acompañada dalgunha enfermidade asociada. Se é así, por razons de saúde, é necesario baixar de peso entre un 20 e un 30%, tendo en conta as patoloxías que poidan relacionarse coa obesidade. Así mesmo, é imprescindible establecer uns hábitos saudables alimentarios e de exercicio físico, que se vaian instaurando de xeito progresivo e de por vida. Se, por sorte aínda non padeces algunha enfermidade relacionada coa obesidade e non se che acumula graxa no abdome, comeza baixando un 10% de peso, sen esquecerte da importancia duns bos hábitos.​

< voltar
O teu IMC é:
A OMS (Organización Mundial da Saúde)
establece como categoría do teu IMC:
OBESIDADE III​
​​
A obesidade é unha enfermidade crónica que implica un exceso de graxa corporal. E, neste caso, habitualmente vai acompañada dalgunha enfermidade asociada. Por razons de saúde, é necesario baixar de peso entre un 20 e un 30% do teu peso actual, tendo en conta as patoloxías que poden relacionarse coa obesidade. Asi mesmo, é imprescindible establecer uns hábitos saudables alimentarios e de exercicio físico, que se vaian instaurando de xeito progresivo e de por vida.