Xente con vida

Aprende a sentirte ben 03/08/2016

Intolerancia ao glute

Vota:
Resultado:
(1 votos)
Compartir:

O glute é unha proteína vexetal que se atopa de forma natural en moitos cereais: o trigo, a cebada, o centeo, a espelta, o triticale e a avea. O glute non supón ningún risco para a maioría das persoas, que poden consumilo sen problema, pero hai persoas que deben evitalo porque teñen a chamada enfermidade celíaca.

Libre de gluten  
Que é a enfermidade celíaca ou celiaquía?

A enfermidade celíaca é a intolerancia ao glute. As persoas que a sofren deben evitar comer calquera alimento que o conteña, xa que o seu consumo pódelles provocar unha gran variedade de síntomas con diversas intensidades entre os que atopamos náuseas, vómitos, perda de peso, diarrea, dores abdominais, atraso do crecemento e mesmo complicacións graves se non se é estrito ao eliminar o glute da dieta. Existen diversos tipos de enfermidade celíaca pero todos teñen en común que a persoa ten unha predisposición xenética a ela. Ante unha sospeita de enfermidade celíaca o diagnóstico de certeza sempre será unha biopsia intestinal.

Onde se atopa o glute?

Como xa mencionamos, o glute atópase en moitos cereais e por tanto, nos produtos que se fabrican con eles como o pan, a pasta, a cervexa ou a bolería. Pero ademais, o glute úsase na industria alimentaria como ingrediente na produción de moitos produtos procesados, polo que podemos atopalo en alimentos que en principio non conteñen cereais por exemplo algunhas salsas. Por tanto nos alimentos procesados deberemos buscar a indicación "Sen glute" para asegurarnos de que non está presente. As asociacións de celíacos teñen listas moi completas de alimentos libres de glute que poden ser de gran axuda; podedes consultar a web da Asociación de Celíacos de Galicia para máis información: www.celiacosgalicia.es.

Os alimentos xenéricos, nos que o glute non está presente de forma natural, non teñen ningunha indicación posto que non é necesario; falamos de carne, peixe, froitas, verduras, lácteos...

Alternativas aos alimentos con glute
Legumes

A enfermidade celíaca non é incompatible cunha alimentación saudable, variada e pracenteira. A maioría de alimentos que deben formar parte dunha dieta saudable non presentan glute de forma natural: verduras, froitas, carnes, peixes, legumes... Xa mencionamos que a maioría dos cereais teñen glute, pero non todos; o arroz e o millo son magníficas opcións sen glute. Para substituír á tradicional fariña de trigo, podemos recorrer tamén á fariña de garavanzo ou á tapioca. Entre os produtos elaborados, o de consumo máis frecuente é o pan, pero afortunadamente cada vez é máis fácil atopar pan sen glute nos diferentes establecementos. O resto de alimentos procesados deben supoñer unha parte mínima da dieta, independentemente de ser celíaco ou non, pero cando os consumamos debemos prestar atención á etiquetaxe para asegurarnos de que son libres de glute.

O glute ao comer fóra de casa

Saír do ambiente controlado que supón o noso propio fogar non ten por que ser un problema para as persoas con enfermidade celíaca. Actualmente é obrigatorio que todos os bares, restaurantes e cátering teñan información sobre as sustancias presentes nos seus pratos que poidan provocar alerxias ou intolerancias, incluído o glute. O ideal é que esta información veña escrita na carta, pero se non está escrita podemos preguntar ao persoal do restaurante para que nos informe.

Un caso especial é o dos nenos e nenas que comen en comedores escolares: actualmente é obrigatorio que os centros oferten menús sen glute para todo o que o necesite.

Cousas a ter en conta á hora de cociñar
Colaborar

Algo que sempre debemos ter presente é o fenómeno da "contaminación cruzada", o paso de glute dun alimento que o ten a outro que non durante a súa manipulación ou cociñado. Por iso ao cociñar un menú sen glute debemos ter coidado con non usar as mesmas tixolas, coitelos ou táboas de corte que usamos con alimentos con glute, e se as usamos debemos lavalas moi ben. Débenos quedar claro por tanto que non é suficiente con non incluír alimentos con glute no prato final, tamén debemos evitar que durante a súa elaboración calquera ingrediente entre en contacto co glute.

Podemos recorrer a diversos trucos para substituír alimentos e preparacións con glute. As fariñas sen glute son unha boa opción para pans e biscoitos caseiros; podemos humedecer o forno colocando un recipiente con auga dentro para que a masa capte máis auga e quede máis esponxosa. Para rebozados, ademais de pan sen glute relado podemos usar copos de puré de pataca ou millo tostado triturado.

Aquelas persoas que sen ter enfermidade celíaca conviven cunha persoa celíaca, deben informarse e colaborar no correcto almacenado e cociñado dos alimentos. Á hora de preparar un xantar ou unha cea grupal na que haxa algún celíaco, sería recomendable evitar preparar un menú completamente diferente para esa persoa xa que só conseguiremos facela sentir incómoda. Normalmente só fan falta pequenos cambios para adaptar un menú para celíacos e hai moitísimas receitas habituais que podemos consumir todos xuntos.

 

FONTES

  • Equipo de Xente con Vida
​​
Deixa un comentario



 

¿Coñeces o teu índice de masa corporal (IMC)?​​

Os comités internacionais de expertos, recomendan o emprego do Índice de Masa Corporal (IMC) como un indicador orientativo do estado nutricional. Introducindo o teu peso e talla poderás coñecer o teu, e descubrir o nosos consellos saudables individualizados para ti.​​

Introduce os teus datos e calcula o teu IMC:

Kg.

m.


< voltar
O teu IMC é:
A OMS (Organización Mundial da Saúde)
establece como categoría do teu IMC:
BAIXO PESO​
​​
Sería convinte subir de peso cara ó rango de normopeso, xa que, contrariamente ó que moita xente pensa, o baixo peso pode ter consecuencias graves para a saúde.

< voltar
O teu IMC é:
A OMS (Organización Mundial da Saúde)
establece como categoría do teu IMC:
NORMOPESO​​
Tenta manter o teu peso actual, xa que te atopas nun peso adecuado para a túa estatura e, sobre todo, procura que os teus hábitos de dieta e exercicio físico sexan saudables.

< voltar
O teu IMC é:
A OMS (Organización Mundial da Saúde)
establece como categoría do teu IMC:
SOBREPESO I
Se o teu peso é estable, non padeces ningunha enfermidade asociada á obesidade e non se te acumula graxa no abdome, non é un sobrepeso preocupante. Podes manterte neste peso ou baixar cara un normopeso (IMC = 8,5 – 24,9), sempre e cando manteñas uns hábitos saudables de dieta e exercicio físico. Se algún dos anteriores puntos está presente, pola túa saúde aconsellámoste que perdas uns kilos ata situarte dentro do rango de normopeso.​
​​

< voltar
O teu IMC é:
A OMS (Organización Mundial da Saúde)
establece como categoría do teu IMC:
SOBREPESO II​
​​
Se o teu peso é estable, non padeces ningunha enfermidade asociada á obesidad e non se te acumula graxa no abdome, non é un sobrepeso preocupante. Poder manterte neste peso ou baixar cara normopeso, sempre e cando teñas uns hábitos saudables de dieta e exercicio físico. Se algún dos anteriores puntos está presente, aconsellámoste baixar entre un 5 e un 10% o teu peso, para poder mellorar o teu estado de saúde.​

< voltar
O teu IMC é:
A OMS (Organización Mundial da Saúde)
establece como categoría do teu IMC:
OBESIDADE I​
​​
A obesidade é unha enfermidade crónica que implica un exceso de grasa corporal e un incremento no risco de padecer certas enfermidades e trastornos fisiolóxicos, como a hipertensión arterial, diabetes e dislipemias, entre outras. Se xa padeces algunha enfermidade relacionada coa obesidade, ou se che acumula graxa no abdome, aconsellámoste que baixes de peso, alomenos un 10%. Así, poderás incluir novos hábitos saudables que axudarán a mellorar as patoloxías asociadas á obesidade. Se aínda non padeces estes síntomas, para previr posibles problemas de saúde, recomendámosche baixar de peso entre un 5 e un 10%, e coidar os teus hábitos alimentarios e de práctica regular de exercicio físico.

< voltar
O teu IMC é:
A OMS (Organización Mundial da Saúde)
establece como categoría do teu IMC:
OBESIDADE II​
​​
A obesidade é unha enfermidade crónica que implica un exceso de grasa corporal. E, neste caso, habitualmente vai acompañada dalgunha enfermidade asociada. Se é así, por razons de saúde, é necesario baixar de peso entre un 20 e un 30%, tendo en conta as patoloxías que poidan relacionarse coa obesidade. Así mesmo, é imprescindible establecer uns hábitos saudables alimentarios e de exercicio físico, que se vaian instaurando de xeito progresivo e de por vida. Se, por sorte aínda non padeces algunha enfermidade relacionada coa obesidade e non se che acumula graxa no abdome, comeza baixando un 10% de peso, sen esquecerte da importancia duns bos hábitos.​

< voltar
O teu IMC é:
A OMS (Organización Mundial da Saúde)
establece como categoría do teu IMC:
OBESIDADE III​
​​
A obesidade é unha enfermidade crónica que implica un exceso de graxa corporal. E, neste caso, habitualmente vai acompañada dalgunha enfermidade asociada. Por razons de saúde, é necesario baixar de peso entre un 20 e un 30% do teu peso actual, tendo en conta as patoloxías que poden relacionarse coa obesidade. Asi mesmo, é imprescindible establecer uns hábitos saudables alimentarios e de exercicio físico, que se vaian instaurando de xeito progresivo e de por vida.