Xente con vida

Nenos e mozos 15/09/2015

A actividade física, o sedentarismo e o tempo de pantalla en menores de 5 anos

Vota:
Resultado:
(4 votos)
Compartir:
XCV–BEBE

Ser unha persoa activa fisicamente durante a infancia non só é importante para a saúde deste período vital, senón tamén para manter unha boa saúde durante todo o curso da vida.

A realización de actividade física na infancia fará que os nenos e nenas se sentan competentes nas súas habilidades físicas e, probablemente, fará que sexan máis activos durante a idade adulta.

A actividade física realizada diariamente desde idades temperás, promove a saúde e unha adecuada forma física na poboación infantil e adolescente, achegando beneficios físicos e benestar emocional, a curto e longo prazo.

Beneficios da actividade física na infancia e na adolescencia
Beneficios Antes de pasar a expoñer as recomendacións para este grupo de idade, lembraremos os beneficios asociados á realización de actividade física na infancia e adolescencia:
  • Mellora a forma física, a función cardiorrespiratoria, a forza muscular e a masa ósea e, ademais, diminúe a graxa corporal e axuda a manter un peso saudable.
  • Mellora a saúde mental: mellora a autoestima, reduce os síntomas de ansiedade e depresión e diminúe a tensión. Ademais é divertido e axuda a sentirse máis feliz!
  • Ofrece oportunidades de socialización e a aprendizaxe de habilidades.
  • Aumenta a concentración o que contribúe a ter mellores resultados académicos.
  • Favorece un crecemento e desenvolvemento saudable.
  • Mellora as habilidades motoras, a postura e o equilibrio.
  • Diminúe o desenvolvemento de factores de risco asociados a enfermidades crónicas na vida adulta como enfermidades do corazón, hipertensión, diabetes tipo 2, hipercolesterolemia (colesterol elevado), obesidade ou osteoporose, xa que moitos destes factores poden desenvolverse nas primeiras etapas da vida.
Se ademais de realizar actividade física regular, o comportamento sedentario é baixo contribúese a:
  • Mellorar a forma física e manter un peso saudable.
  • Facilitar un maior desenvolvemento de habilidades sociais.
  • Mellorar a aprendizaxe e a atención, o comportamento e o rendemento escolar.
  • Mellorar as habilidades da linguaxe.
  • Mellorar a autoestima.
  • Ao non pasar tanto tempo sentados, en casa ou xogando sós con tabletas, consolas ou outras pantallas, teñen máis tempo para divertirse coas súas amigas ou amigos e aprender novas habilidades.
Recomendacións de actividade física, sedentarismo e tempo de pantalla para menores de 5 anos

As recomendacións para este grupo de idade, ao ter cada nena e neno un desenvolvemento diferente, establécense en función de se comezaron xa a camiñar ou non.

Pies

A. Nenas e nenos que aínda non andan

- Promover que realicen actividade física varias veces ao día en contornas seguras, particularmente mediante xogos no chan ou actividades supervisadas na auga (xa sexa en piscinas ou á hora do baño en casa): moverlles de forma pasiva os seus brazos e pernas, estimulando os músculos; no baño axudarlles a facer movementos para chapuzar, etc.

- Reducir os períodos sedentarios prolongados. Minimizar o tempo que pasan sentados ou suxeitos en cadeiras, carriños ou balancines, cando están espertos, a menos de 1 hora seguida.

- Para menores de dous anos recoméndase evitar que pasen tempo diante de pantallas de TV, computador, teléfonos móbiles, etc.

B. Nenos e nenas que xa andan

- Promover que sexan fisicamente activos durante polo menos 180 minutos ao día(3 horas), distribuídos ao longo do día, incluíndo diferentes tipos de actividade física:

  • Actividades estruturadas e xogo libre, tanto dentro como fóra de casa.
  • De calquera grao de intensidade. A medida que os nenos e nenas crecen é necesario ir aumentando gradualmente a intensidade da actividade.
Exemplos:
  • Un triciclo ou bici permítelles desenvolver forza nas pernas.
  • Animádeos a camiñar e a correr.
  • Axudádeos a saltaricar.
  • Lanzade e recollede pelotas xuntos.
  • Bailade e cantade cancións nas que, por exemplo, haxa que tocar varias partes do corpo.
  • Etc.

- Reducir os períodos sedentarios prolongados. Recoméndase non dedicar máis de 1 hora seguida, cando están espertos, a actividades sedentarias como estar sentados ou suxeitos en cadeiras, carros ou balancíns, ou ver a televisión, xogar co teléfono móbil, computador, videoxogos, etc.

LEMBRA!
  • De 0 a 2 anos: Non se recomenda pasar tempo diante dunha pantalla.
  • De 2 a 4 anos: Non se recomenda pasar máis de 1 hora ao día diante dunha pantalla.
Fontes
Deixa un comentario



 

¿Coñeces o teu índice de masa corporal (IMC)?​​

Os comités internacionais de expertos, recomendan o emprego do Índice de Masa Corporal (IMC) como un indicador orientativo do estado nutricional. Introducindo o teu peso e talla poderás coñecer o teu, e descubrir o nosos consellos saudables individualizados para ti.​​

Introduce os teus datos e calcula o teu IMC:

Kg.

m.


< voltar
O teu IMC é:
A OMS (Organización Mundial da Saúde)
establece como categoría do teu IMC:
BAIXO PESO​
​​
Sería convinte subir de peso cara ó rango de normopeso, xa que, contrariamente ó que moita xente pensa, o baixo peso pode ter consecuencias graves para a saúde.

< voltar
O teu IMC é:
A OMS (Organización Mundial da Saúde)
establece como categoría do teu IMC:
NORMOPESO​​
Tenta manter o teu peso actual, xa que te atopas nun peso adecuado para a túa estatura e, sobre todo, procura que os teus hábitos de dieta e exercicio físico sexan saudables.

< voltar
O teu IMC é:
A OMS (Organización Mundial da Saúde)
establece como categoría do teu IMC:
SOBREPESO I
Se o teu peso é estable, non padeces ningunha enfermidade asociada á obesidade e non se te acumula graxa no abdome, non é un sobrepeso preocupante. Podes manterte neste peso ou baixar cara un normopeso (IMC = 8,5 – 24,9), sempre e cando manteñas uns hábitos saudables de dieta e exercicio físico. Se algún dos anteriores puntos está presente, pola túa saúde aconsellámoste que perdas uns kilos ata situarte dentro do rango de normopeso.​
​​

< voltar
O teu IMC é:
A OMS (Organización Mundial da Saúde)
establece como categoría do teu IMC:
SOBREPESO II​
​​
Se o teu peso é estable, non padeces ningunha enfermidade asociada á obesidad e non se te acumula graxa no abdome, non é un sobrepeso preocupante. Poder manterte neste peso ou baixar cara normopeso, sempre e cando teñas uns hábitos saudables de dieta e exercicio físico. Se algún dos anteriores puntos está presente, aconsellámoste baixar entre un 5 e un 10% o teu peso, para poder mellorar o teu estado de saúde.​

< voltar
O teu IMC é:
A OMS (Organización Mundial da Saúde)
establece como categoría do teu IMC:
OBESIDADE I​
​​
A obesidade é unha enfermidade crónica que implica un exceso de grasa corporal e un incremento no risco de padecer certas enfermidades e trastornos fisiolóxicos, como a hipertensión arterial, diabetes e dislipemias, entre outras. Se xa padeces algunha enfermidade relacionada coa obesidade, ou se che acumula graxa no abdome, aconsellámoste que baixes de peso, alomenos un 10%. Así, poderás incluir novos hábitos saudables que axudarán a mellorar as patoloxías asociadas á obesidade. Se aínda non padeces estes síntomas, para previr posibles problemas de saúde, recomendámosche baixar de peso entre un 5 e un 10%, e coidar os teus hábitos alimentarios e de práctica regular de exercicio físico.

< voltar
O teu IMC é:
A OMS (Organización Mundial da Saúde)
establece como categoría do teu IMC:
OBESIDADE II​
​​
A obesidade é unha enfermidade crónica que implica un exceso de grasa corporal. E, neste caso, habitualmente vai acompañada dalgunha enfermidade asociada. Se é así, por razons de saúde, é necesario baixar de peso entre un 20 e un 30%, tendo en conta as patoloxías que poidan relacionarse coa obesidade. Así mesmo, é imprescindible establecer uns hábitos saudables alimentarios e de exercicio físico, que se vaian instaurando de xeito progresivo e de por vida. Se, por sorte aínda non padeces algunha enfermidade relacionada coa obesidade e non se che acumula graxa no abdome, comeza baixando un 10% de peso, sen esquecerte da importancia duns bos hábitos.​

< voltar
O teu IMC é:
A OMS (Organización Mundial da Saúde)
establece como categoría do teu IMC:
OBESIDADE III​
​​
A obesidade é unha enfermidade crónica que implica un exceso de graxa corporal. E, neste caso, habitualmente vai acompañada dalgunha enfermidade asociada. Por razons de saúde, é necesario baixar de peso entre un 20 e un 30% do teu peso actual, tendo en conta as patoloxías que poden relacionarse coa obesidade. Asi mesmo, é imprescindible establecer uns hábitos saudables alimentarios e de exercicio físico, que se vaian instaurando de xeito progresivo e de por vida.