Xente con vida

Aprende a sentirte ben 31/05/2016

Consellos a ter en conta durante a menopausa

Vota:
Resultado:
(2 votos)
Compartir:

O período da vida no que os ovarios van diminuíndo de forma progresiva a produción de hormonas, principalmente os estróxenos, coñécese como climaterio. Esta etapa da vida desencadéase antes e despois da menopausa.

Parella na cociña

Aínda que a menopausa é a data na que se produce o cesamento permanente das menstruacións, o uso e o costume consagraron o termo menopausa para designar o período da vida das mulleres unha vez desapareceu a menstruación de forma definitiva.

Estilos de vida durante a menopausa

A menopausa non é unha enfermidade; é unha etapa normal na vida das mulleres na que a adopción de estilos de vida saudables tales como unha alimentación variada e equilibrada, o abandono de hábitos nocivos como o tabaco e a práctica habitual de exercicio físico, contribuirán a mellorar a súa calidade de vida.

Durante a menopausa algunhas mulleres poden aumentar o seu peso, habitualmente entre 2 e 5 quilogramos; é por iso conveniente conseguir un bo control do peso mediante a dieta e a práctica de actividade física de forma habitual.

Complicacións durante a menopausa

Unha das posibles complicacións que poden aparecer tras a menopausa é a osteoporose.

A osteoporose é unha enfermidade dos ósos que consiste na diminución progesiva da densidade e a calidade mineral dos ósos, facéndoos máis fráxiles, aumentando así o risco de fracturas. Este feito prodúcese normalmente coa idade, pero nas mulleres acelérase durante os primeiros anos da menopausa.

O risco de padecer osteoporose non é o mesmo en todas as mulleres, xa que ademais da menopausa existen outros factores que favorecen a súa aparición, tales como unha dieta pobre en calcio, un consumo elevado de café, tabaco, alcol ou a falta de exercicio físico.

Así mesmo coa menopausa pódense producir cambios no metabolismo das graxas, descendendo o chamado “colesterol bo” e favorecendo un aumento nos triglicéridos e o “colesterol malo”. (Aprende algo máis sobre o colesterol)

Recomendacións

Moitas das posibles complicacións que poden xurdir tras a menopausa pódense minimizar adoptando medidas preventivas sinxelas:

  1. Mantente ben hidratada e consome diariamente alimentos variados e equilibrados en cantidade e calidade.
  2. Procura manter un peso adecuado.
  3. Tenta seguir unha dieta rica en calcio e vitamina D. É por iso polo que se recomenda consumir abundantes lácteos desnatados como leite, queixo e iogur. Lembra que para favorecer a absorción do calcio e a súa fixación nos ósos, é importante a exposición moderada ao sol, por exemplo, paseando ao aire libre uns 15 minutos ao día.
  4. Lembra que o café, o alcol, as bebidas gaseadas ou os alimentos doces e edulcorados, entre outros, dificultan a absorción do calcio.
  5. Modera a inxesta de graxa. Opta polo aceite de oliva e evita as graxas de orixe animal, a excepción do peixe. O aceite de oliva e a graxa do peixe contribúen a diminuír o risco de padecer algunhas enfermidades cardiovasculares.
  6. A túa alimentación debe ser rica en ácidos graxos esenciais, presentes no peixe azul pequeno con espiñas (sardiña, bocarte, xarda...) e rica en fibra, presente nos cereais integrais, froitas, verduras, froitos secos, legumes...
  7. Así mesmo a dieta debe ser rica en minerais (verduras, froitas, peixe...) e en hidratos de carbono de absorción lenta (arroz integral, legumes, verduras, froita...). As froitas e as verduras son beneficiosas xa que achegan antioxidantes naturais e fibra.
  8. O consumo de alimentos sen sal adoita ser un bo aliado na prevención ou control da hipertensión arterial. Ten presente que a maior parte das conservas, os caldos de carne comerciais ou certos precociñados, adoitan ser alimentos ricos en sal.
  9. É beneficioso realizar exercicio físico de forma habitual, xa que contribúe a controlar o peso previndo a obesidade, á vez que mellora o ton muscular, o equilibrio e a axilidade. O exercicio físico ha de ser adecuado á túa idade e á túa condición física previa.
FONTES
  • Equipo de Xente con Vida
​​
Deixa un comentario



 

¿Coñeces o teu índice de masa corporal (IMC)?​​

Os comités internacionais de expertos, recomendan o emprego do Índice de Masa Corporal (IMC) como un indicador orientativo do estado nutricional. Introducindo o teu peso e talla poderás coñecer o teu, e descubrir o nosos consellos saudables individualizados para ti.​​

Introduce os teus datos e calcula o teu IMC:

Kg.

m.


< voltar
O teu IMC é:
A OMS (Organización Mundial da Saúde)
establece como categoría do teu IMC:
BAIXO PESO​
​​
Sería convinte subir de peso cara ó rango de normopeso, xa que, contrariamente ó que moita xente pensa, o baixo peso pode ter consecuencias graves para a saúde.

< voltar
O teu IMC é:
A OMS (Organización Mundial da Saúde)
establece como categoría do teu IMC:
NORMOPESO​​
Tenta manter o teu peso actual, xa que te atopas nun peso adecuado para a túa estatura e, sobre todo, procura que os teus hábitos de dieta e exercicio físico sexan saudables.

< voltar
O teu IMC é:
A OMS (Organización Mundial da Saúde)
establece como categoría do teu IMC:
SOBREPESO I
Se o teu peso é estable, non padeces ningunha enfermidade asociada á obesidade e non se te acumula graxa no abdome, non é un sobrepeso preocupante. Podes manterte neste peso ou baixar cara un normopeso (IMC = 8,5 – 24,9), sempre e cando manteñas uns hábitos saudables de dieta e exercicio físico. Se algún dos anteriores puntos está presente, pola túa saúde aconsellámoste que perdas uns kilos ata situarte dentro do rango de normopeso.​
​​

< voltar
O teu IMC é:
A OMS (Organización Mundial da Saúde)
establece como categoría do teu IMC:
SOBREPESO II​
​​
Se o teu peso é estable, non padeces ningunha enfermidade asociada á obesidad e non se te acumula graxa no abdome, non é un sobrepeso preocupante. Poder manterte neste peso ou baixar cara normopeso, sempre e cando teñas uns hábitos saudables de dieta e exercicio físico. Se algún dos anteriores puntos está presente, aconsellámoste baixar entre un 5 e un 10% o teu peso, para poder mellorar o teu estado de saúde.​

< voltar
O teu IMC é:
A OMS (Organización Mundial da Saúde)
establece como categoría do teu IMC:
OBESIDADE I​
​​
A obesidade é unha enfermidade crónica que implica un exceso de grasa corporal e un incremento no risco de padecer certas enfermidades e trastornos fisiolóxicos, como a hipertensión arterial, diabetes e dislipemias, entre outras. Se xa padeces algunha enfermidade relacionada coa obesidade, ou se che acumula graxa no abdome, aconsellámoste que baixes de peso, alomenos un 10%. Así, poderás incluir novos hábitos saudables que axudarán a mellorar as patoloxías asociadas á obesidade. Se aínda non padeces estes síntomas, para previr posibles problemas de saúde, recomendámosche baixar de peso entre un 5 e un 10%, e coidar os teus hábitos alimentarios e de práctica regular de exercicio físico.

< voltar
O teu IMC é:
A OMS (Organización Mundial da Saúde)
establece como categoría do teu IMC:
OBESIDADE II​
​​
A obesidade é unha enfermidade crónica que implica un exceso de grasa corporal. E, neste caso, habitualmente vai acompañada dalgunha enfermidade asociada. Se é así, por razons de saúde, é necesario baixar de peso entre un 20 e un 30%, tendo en conta as patoloxías que poidan relacionarse coa obesidade. Así mesmo, é imprescindible establecer uns hábitos saudables alimentarios e de exercicio físico, que se vaian instaurando de xeito progresivo e de por vida. Se, por sorte aínda non padeces algunha enfermidade relacionada coa obesidade e non se che acumula graxa no abdome, comeza baixando un 10% de peso, sen esquecerte da importancia duns bos hábitos.​

< voltar
O teu IMC é:
A OMS (Organización Mundial da Saúde)
establece como categoría do teu IMC:
OBESIDADE III​
​​
A obesidade é unha enfermidade crónica que implica un exceso de graxa corporal. E, neste caso, habitualmente vai acompañada dalgunha enfermidade asociada. Por razons de saúde, é necesario baixar de peso entre un 20 e un 30% do teu peso actual, tendo en conta as patoloxías que poden relacionarse coa obesidade. Asi mesmo, é imprescindible establecer uns hábitos saudables alimentarios e de exercicio físico, que se vaian instaurando de xeito progresivo e de por vida.