Imos cociñar!
Involucrar aos nenos e ás nenas na preparación das comidas é unha boa idea para ensinarlles como seguir unha alimentación saudable.

A primeira lección da alimentación saudable consiste en aprender a elixir e a preparar alimentos.
Fagamos unha clase práctica participando toda a familia! pero antes de comezar, aconsellamos:
- Recoller o pelo. Axeitar a roupa que imos usar para cociñar.
- Limpar e manter a superficie de traballo. Lavar e secar a táboa de corte cada vez que axeitemos os distintos alimentos, en particular a carne, o polo, o peixe...
- Lavar as mans tanto como sexa necesario. Deixalas limpas de deterxentes e xabóns antes de empezar.

-
Cando os meniños entran na cociña:
- Deixarlles axudar na planificación e na elaboración das comidas.
- Permítelles que ulan e manipulen alimentos, repasando as normas básicas de hixiene.
- Encargarlles pequenas tarefas. Adornar, aderezar, xuntar, engadir os alimentos para cociñar etc.
- Pensar sempre na súa seguridade: o lume, o aceite e o rabo da tixola, os coitelos, as mans molladas e a corrente eléctrica... Situar unha zona de seguridade arredor da cociña.
- Xogar: cada un proba un pouquiño do que prepararon os demais, prepara distintos aliños para un mesmo alimento (p. ex., ensalada con salsa de iogur, con cítricos, con distintas herbas etc).
- Participar activamente: poñer e retirar a mesa; secar os pratos etc.

- Elaborar preparacións sinxelas, para que os rapaces se fagan pouco a pouco aos distintos sabores dos alimentos. Máis tarde, ides enriquecer os pratos, incorporando novos produtos.
- Manter o sabor orixinal do alimento. Se dende a infancia os habituamos a aceptar os alimentos cun baixo contido en sal ou en azucre, posiblemente manterán este hábito ao longo da vida. Por isto, non é recomendable salgar en exceso, edulcorar, nin “disfrazar” a comida con salsas comerciais. Recordamos que a froita, os zumes ou os alimentos lácteos xa conteñen azucres de forma natural, polo que non é necesario engadir máis. Do mesmo xeito, é recomendable ofrecer máis alimentos frescos e de tempada, dado que os máis procesados adoitan ser habitualmente máis salgados e azucrados que os naturais.
Para preparar alimentos de forma segura, a ORGANIZACIÓN MUNDIAL DA SAÚDE RECOMENDA:

FONTES