Xente con vida

Blog Xente con Vida

Aprende a sentirte ben 09/10/2014

Ruta Senda da Fraga do Barragán

Vota:
Resultado:
(3 votos)
Compartir:
Quen se anima a unha ruta de sendeirismo? Prepara roupa cómoda, auga e algo de comida e achégate o próximo sábado 18 de outubro ao concello pontevedrés de Pazos de Borbén. Ás 10:00 h. está prevista unha ruta pola Fraga do Barragán, de 17 quilómetros de percorrido circular.
Ruta de senderismo
  • Camiñar é unha das formas máis doadas e seguras de mantenerse fisicamente activo e saudable.
  • A actividade física regular, combinada cunha alimentación saudable, é clave para previr enfermidades e manter un peso saudable.

A Asociación Galega de Medicina Familiar e Comunitaria (AGAMFEC) proponnos asistir á Ruta Senda da Fraga do Barragán PR-G 164. A cita é este sábado 18 de outubro ás 10:00 h. na Praza de Wenceslao Verde (Pazos de Borbén).

A Senda pola Fraga do Barragán é unha ruta vinculada á auga e ao seu aproveitamento. O bosque é un dos principais atractivos do percorrido. Ao longo deste, poderás ver carballos centenarios e outras especies, que converten esta fraga no bosque oceánico caducifolio máis importante da provincia de Pontevedra.

Ademais, terás a oportunidade de apreciar unha gran riqueza etnográfica, como muíños, pontes, muros, camiños lousados ou un acueduto. Como br​oche de ouro, gozarás do ámbito dos restos da Cidade, poboado construído sobre un castro.

Ruta de dificultade media

A ruta presenta un trazado circular e conta con tres posibles saídas en caso de necesidade, de modo que a súa lonxitude non supón unha dificultade para aqueles que consideren que o itinerario pode resultar demasiado longo para as súas posibilidades.

Recoméndase levar roupa cómoda, chuvasqueiro por se chove e calzado deportivo. En caso de fortes precipitacións, é imprescindible o uso de botas de trekking, xa que podemos encontrarnos con lameiras. Non esquezas incluír na mochila uns bocatas e auga para repoñer forzas ao longo do camiño.

Data de celebración: 18 de outubro de 2014
Hora de encontro: 10:00 h. 
Punto de encontro de de chegada (ruta circular): Plaza de Wenceslao Verde, Xunqueiras (Pazos de Borbén, Pontevedra) 
Distancia recorrida: 17,34 km 
Duración: 5 h 
Dificultade: Media
Deixa un comentario