Xente con vida

Blog Xente con Vida

Aprende a sentirte ben 08/11/2018

Como transportar os nenos de maneira segura no coche

Vota:
Resultado:
(0 votos)
Compartir:
Como transportar os nenos de maneira segura no coche

No último vídeo consello da campaña “12 meses, 12 consellos de saúde” do Colexio Oficial de Fisioterapeutas de Galicia (COFIGA), expóñense as recomendacións máis importantes a ter en conta á hora de transportar os nenos nos dispositivos dos automóbiles. Podes consultalo no seguinte enlace: https://www.youtube.com/watch?v=bay1XaSui2Q

art95_blog.png

  

A campaña “12 meses, 12 consellos de saúde” céntrase no seu último vídeo consello nas recomendacións a ter en conta á hora de transportar bebés e nenos no coche.

Recomendacións xerais
  1. Prestar atención ó tipo de dispositivo no que se transporta o bebé, xa que moitos non están deseñados para permanecer neles demasiado tempo e poden ser prexudiciais para a columna do pequeno. En concreto, os dispositivos tipo “ovo” non son aconsellables para traxectos de longa duración.
  2. En función do peso e a idade do menor, debería viaxar a contramarcha (é dicir, mirando cara atrás e non cara adiante).
  3. Utilizar espellos interiores que permitan controlar os menores sen variar a postura do condutor, evitando riscos de accidente.
  4. Ancorar correctamente as cadeiras dos nenos ao asento do coche ou utilizar sempre dispositivos de suxeición que estean homologados.
  5. Usar repousacabezas nos dispositivos de suxeición dos bebés e nenos/as para garantir a súa seguridade ó viaxar en coche. Débese colocar á altura adecuada, así como utilizar accesorios que permitan evitar malas posicións da cabeza dos nenos e nenas cando queden durmidos durante os traxectos.
  6. Os cintos de seguridade deben estar axustados á talla e tamaño do neno ou nena, evitando que quede pouco suxeito ou que, pola contra, o cinto exerza demasiada presión e poida sentirse incómodo.
  7. Evitar colocar os bebés nos dispositivos de suxeición con roupa moi voluminosa, como chaquetóns ou bufandas, xa que en caso de impacto é máis probable que poidan escorregarse con maior facilidade.
Recomendacións á hora de cargar os bebés

Mentres se carga o bebé en brazos é recomendable ter en conta algunhas recomendacións que poden previr a aparición de lesións músculo esqueléticas.

  1. Evitar movementos bruscos.
  2. Abrir a porta do vehículo o máximo posible para non realizar xestos forzados innecesarios.
  3. Se temos que levantar o neno ou nena desde un punto baixo é aconsellable flexionar os xeonllos e manter o bebé pegado ó corpo.
  4. En caso de utilizar sistemas de soporte de bebés que conseguen mantelo próximo ó noso corpo, hai que ter en conta a estabilidade do adulto.
  5. Non manter moito tempo a un menor en brazos sen ningún tipo de soporte, pois pode producir lesións nas costas derivadas do esforzo prolongado ou as malas posturas.

AUTORÍA

cofiga.png


Deixa un comentario