Xente con vida

Blog Xente con Vida

Nenos e mozos 30/04/2018

I Congreso Infantil “Aliméntate ben”

Vota:
Resultado:
(0 votos)
Compartir:
I Congreso Infantil “Aliméntate ben”

Os próximos días 3 e 4 de maio celebrárase no Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia, en Santiago de Compostela, o I Congreso Infantil "Aliméntate ben".
Esta iniciativa da Xunta de Galicia ten como obxectivo principal dar a coñecer os produtos e os resultados dos traballos desenvolvidos polo alumnado do Pla​n Proxecta baixo o epígrafe “Aliméntate ben”.

ART86_PORTADA.jpg

O Plan Proxecta é unha iniciativa da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, en colaboración con diferentes organismos, dirixida a fomentar a innovación educativa nos centros escolares. O proxecto “Aliméntate ben” un dos integrantes do devandito Plan, acolle as iniciativas canalizadas a través da Consellería de Sanidade (Proxectos “Xermolón e Xermoliño”), do Fondo Galego de Garantía Agraria ("Plan de froita na escola" e "Plan de lácteos na escola") e da Consellería do Mar ("Ponlle as pilas ao teu bocata" e "O sabor da aventura está non mar").

O I Congreso Infantil “Aliméntate ben” será un escaparate onde o alumnado poderá presentar os proxectos que se desenvolven nos seus centros.

Nas etapas de Educación Infantil e Primaria, os escolares e os seus titores mostrarán ao resto da comunidade educativa os proxectos mediante unha feira-exposición.

O alumnado de Educación Secundaria presentará ao resto da comunidade educativa as conclusións finais dos seus traballos de investigación mediante a exposición oral dos proxectos aos seus pares, titores, coordinadores docentes e familias.

Ao longo dos dous días do congreso, espérase a asistencia de 500 escolares procedentes de distintos centros educativos de Galicia.

ART86_imaxe1.jpg 

Ademais das actividades propias do evento, impartiranse obradoiros para as familias durante os dous días, lembrando que o fogar é o espazo natural educativo nas primeiras etapas da vida e os adultos do núcleo familiar constitúen os modelos de referencia na adquisición de hábitos adecuados. Os relatores serán estudantes universitarios do último curso do Grado de Nutrición e profesionais sanitarios de enfermería familiar e comunitaria que proporán algunhas estratexias para que este proceso educativo na familia resulte máis doado, proporcionando pautas para acadar hábitos alimentarios saudables dende as primeiras etapas da vida. Todas as familias están convidadas!

Ao longo das xornadas do Congreso colaborarán ademais o Instituto Galego de Consumo, a Sociedade Galega de Medio Ambiente, a Universidade de Santiago de Compostela e a Asociación Galega de Enfermería Familiar e Comunitaria.

Aínda que a entrada será libre, recoméndase unha inscrición previa nesta dirección:

Servizo de Estilos de Vida Saudables e Educación para a Saúde

Vida.Saudable.Eps@sergas.es

881 548 606

FONTES

  • Consellería de Sanidade. Dirección Xeral de Saúde Pública.
Deixa un comentario